Simyo, unha das marcas de baixo custe de MASORANGE, vén de facer unha pequena reestruturación no seu portfolio de plans, co obxectivo de gañar competitividade. No seu segmente, as principais marcas da competencia veñen ofrecendo opcións que permiten contratar fibra e móbil por menos de 30 €, algo ao que Simyo viña resistíndose. Até o de agora.
Simyo integra no seu catálogo unha nova opción pola que oferta unha conexión de fibra con velocidade de 100 Mbps e móbil con 30 GB e chamadas ilimitadas por 28,99 €. Se ben esta nova alternativa sitúase un euro por baixo das propostas dos principais rivais, como Lowi ou O2, faino a costa de reducir substancialmente a velocidade da fibra a 100 Mbps. Iso si, a cambio ofrece máis datos no móbil ca a competencia.
O plan combinado máis axustado de Lowi ofrece por 29,95 €/mes unha conexión de 300 Mbps e unha liña móbil con chamadas ilimitadas e 12 GB de datos. Por 5 céntimos máis, O2 ofrece os mesmos 300 Mbps, e móbil con ilimitadas e 10 GB. Iso si, a segunda marca de Telefónica ofrece tamén teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles e conectividade 5G+, a máis avanzada.
Decantarse por unha ou outra opción dependerá das necesidades que poida ter cada persoa, tanto na súa conexión fixa como no uso que faga do móbil.