Lowi lanza tarifas converxentes desde 20 € nas zonas de cobertura propia

Lowi, a segunda marca de Vodafone, inicia hoxe a comercialización de Fibra Fit. Unha nova proposta comercial de tarifas converxentes fibra – móbil para aquelas persoas que se atopen en zonas de pegada de fibra propia.

Dispoñíbeis tanto para a nova clientela como para as usuarias actuais que o soliciten, os novos plans de Lowi Fibra Fit convírtense na oferta converxente máis competitiva do mercado. En total son tres os novos plans dispoñíbeis:

  • Fibra Fit 600 Mbps + Móbil (chamadas ilimitadas + 15 GB) por 20 €/mes.
  • Fibra Fit 1 Gbps + Móbil (chamadas ilimitadas + 100 GB) por 28 €/mes.
  • Fibra Fit 1 Gbps + Móbil (chamadas ilimitadas + 200 GB) por 33 €/mes.

O prezo destes plans é definitivo, aínda que levan asociado un compromiso de permanencia de 12 meses. Ademais, coma o resto de tarifas que comercializa Lowi, manteñen beneficios como conectividade 5G, VoLTE, acumular datos para o mes seguinte ou o programa de fidelización LOSdeLOWI.

Sobre o autor

No Responses

Reply