A intelixencia artificial (IA) leva formando parte de Google Fotos desde antes de que se falase dela. De feito, e tal e como lembrou a empresa, é unha das primeiras ferramentas que naceu coa IA como protagonista, unha tecnoloxía que permite buscar persoas, mascotas, lugares e elementos dentro das fotos e vídeos. Agora Google vén de anunciar un novo salto en Google Fotos, coa integración de Gemini, o seu modelo de IA máis avanzada.
A nova funcionalidade “Pregunta a Fotos” promete buscas máis sinxelas para atopar contidos dentro da nosa galería. Por exemplo, podemos preguntarlle “pola mellor foto de todos os parques naturais visitados” ou “que temática tiveron os últimos cumpreanos do noso fillo”. Gemini encargarase de buscar e ofrecernos a resposta.
Esta integración de Gemini tamén vai pertitir a Fotos simplificar accións que poden ser engorrosas, como crear unha colección coas imaxes máis destacadas dunha viaxe, que posteriormente podemos compartir cos seus protagonistas.
Está previsto que estas novidades cheguen a Google Fotos nos próximos meses de maneira experimental.
Imaxes | Google