Tal e como estaba previsto, realme puxo onte á venda a súa nova serie realme 12 5G. Está composta por tres dispositivos, o realme 12+ 5G, o realme 12 5G e o realme 12x 5G, que xa se poden adquirir nos puntos de venda habituais con diferentes ofertas de lanzamento.
realme 12+ 5G
O novo realme 12+ 5G destaca polo seu procesador MediaTek Dimensity 7050 5G de 6 nm, que conta cunha CPU de 8 núcleos e 64 bits. Inclúe 2 núcleos ARM Cortex-A78 a 2,6 GHz e 6 núcleos ARM Cortex-A55 a 2,0 GHz, complementados por unha GPU Mali-G68. No interior alberga tamén unha batería de 5000 mAh con carga SuperVOOC de 67 W.
Outro aspecto interesante é o o seu sistema de refrixeración por cámara de vapor, que consta dunha cámara de vapor de aceiro e unha de grafito, integrada nunha arquitectura de disipación térmica de 7 capas. Trátase dunha innovadora solución de refrixeración que aumenta a eficiencia e evita o sobrequecemento, especialmente durante os xogos.
No apartado fotográfico leva un sensor Sony LYT-600 de 50 MP con zoom 2X, acompañado por unha cámara ultra gran angular de 112º e unha cámara macro. Na parte frontal temos unha cámara de 16 MP, pensada para autorretratos dunha calidade media.
A súa pantalla é un panel AMOLED con taxa de refresco de 120 Hz, equipada coa función Sunlight Screen, que emprega o axuste dinámico do contraste e a retroiluminación para mellorar a lexitividade baixo a luz solar, optimizando o consumo enerxético e aumentando a calidade xeral da imaxe.

En cantos aos acabados, conta cun deseño inspirado nos reloxos de luxo, algo que se aprecia especialmente no módulo de lente circular da súa cámara. Para a capa traseira, incorpora coiro vegano, un elemento que que destaca pola súa comodidade e ergonomía, e que resulta até un 10% máis suave que o empregado en xeracións anteriores.
realme 12 5G
Pola súa banda, o realme 12 5G vén con procesador MediaTek Dimensity 6100+ 5G, con arquitectura de 8 núcleos e 6 nm, e con opcións de memoria que van até os 8 + 256 GB. A súa cámara principal é de 108 MP, con zoom 3x, e para as selfies leva unha cámara de 8 MP.
A pantalla é un panel FHD+ (2400 x 1080 píxeles), con brillo máximo de 950 nits, e a batería de 5000 mAh con carga rápida SuperVOOC de 45 W. Ao igual ca o modelo anterior, o seu deseño e acabados está inspirado nos reloxos de luxo, e chega ao mercado en dúas cores: verde bosque e púrpura crepúsculo.
realme 12x 5G
Completando a serie, o terceiro modelo vén tamén co MediaTek Dimensity 6100+ 5G, e conta co Certificado de Fuidez TÜV SÜD de 48 meses, que garante un bo rendemento mesmo despois de catro anos en uso.
Respecto ao deseño, o realme 12x 5G introduce o Light Feather Design, que empregando fotolitografía a nanoescala, a superficie do teléfono está deseñada con texturas de plumas hiperrealistas. Á luz do sol, estes patróns de plumas bailan cos cambios de luz, amosando un aspecto lixeiro.
Dispoñibilidade e prezo
O realme 12x 5G pódese adquirir con Vodafone, sendo o primeiro modelo da marca en comercializarse a través dunha operaddora no noso país. Ademais, os tres dispositivos poden adquirirse no mercado libre, en vendedores habituais e tendas en liñas como Amazon.
Até o 30 de maio, e como promoción de lanzamento, os diferentes modelos de realme anunciados contarán con ofertas que dependen da canle elixida, segundo se detalla no cadro dispoñíbel a continuación.
Produto | Capacidade | Punto de venda | Prezo oficial | Oferta de lanzamento | Duración da oferta |
realme 12 + 5G | 12+512GB | Vendedores habituales | 399€ | 349€ | 14/05 – 29/05 |
Amazon | 419,99€ | 379,99€ | 20/05 – 30/05 | ||
8+256GB | Amazon | 359,99€ | 299,99€ | 20/05 – 30/05 | |
realme 12 5G | 8+256GB | Vendedores habituales | 279,00€ | 229,00€ | 14/05 – 29/05 |
Amazon | 279,99€ | 259,99€ | 20/05 – 30/05 | ||
realme 12x 5G | 8+256GB | Vodafone | 219€ | – | – |
6+128GB | Vendedores habituales | 199€ | 179€ | 14/05 – 29/05 | |
Amazon | 199€ | 179€ | 20/05 – 30/05 |