Telefónica, Vodafone e MASORANGE acordan compartir espectro para mellorar o 5G no rural

O diario económico Expansión fíxose eco esta fin de semana dun importante acordo entre Telefónica, Vodafone e MASORANGE para compartir o espectro radioeléctrico na banda de 700 MHz. Trátase dun convenio de mutualización, que supón a agrupación do espectro na banda baixa, aumentando así a capacidade da rede e a velocidade máxima acadábel mediante 5G.

A priori está orientado ás localidades beneficiadas polas subvencións do programa Unico Redes Activas, destinado a concellos de menos de 10.000 habitantes. Deste modo, a operadora que consiga a axuda para o despregamento poderá empregar en conxunto o espectro asignado aos tres operadores, mellorando a eficiencia o despregamento e superando dun xeito máis doado o mínimo de 100 Mbps que impón a subvención (o máximo será de 450 Mbps).

Feitos os traballos de instalación, que fará o operador que lle corresponda en cada provincia, os tres terán acceso á cobertura despregada.

Sobre o autor

No Responses

Reply