Microsoft anuncia os Copilot+ PC, dispositivos Windows deseñados para a IA

Windows anunciou onte, nun evento especial celebrado no campus Microsoft de Redmond, a chegada dunha nova categoría de ordenadores con Windows, deseñada para sacar máis partido á intelixencia artificial (IA). Trátase dos Copilot+ PC.

Estes novos dispositivos son os modelos con Windows máis rápidos e intelixentes anunciados até o de agora, e están equipados con procesadores capaces de acadar 40+ TOPS (billóns de operacións por segundo), unha batería que ofrece autonomía para toda a xornada e acceso aos modelos IA máis avanzados.

Unhas experiencias que cobran vida nun conxunto de dispositivos delgados e lixeiros da familia Microsoft Suface, aos que se sumarán outros deseñados por Acer, ASUS, Dell, HP, Lenovo e Samsung. Esta nova xeración de dispositivos estará dispoñíbel para reservar desde hoxe, mais chegarán ao mercado a partir do 18 de xuño, cun prezo de partida de 999 dólares.

Rapidez e experiencias IA

Na súa presentación, Microsoft presentou unha arquitectura de sistema completamente nova, co obxectivo de unir a potencia da CPU, a GPU e unha nova unidade de procesamento neuronal (NPU) de alto rendemento. Conectados e mellorados polos modelos de linguaxe grandes (LLM) que se exectuan na nube de Microsoft Azure, xunto cos modelos de linguaxe pequenos (SLM), os ordenadores Copilot+ PC poden acadar un rendemento superior, sendo até 20 veces máis potentes e até 100 veces máis eficientes para executar cargas de traballo de IA:

En canto ás novas funcionalidades, destacan ferramentas como Recall, Cocreator, Live Captions ou Copilot.

Con Recall pode accederse virtualmente ao que se teña visto ou feito no PC, como se fose unha “memoria fotográfica”, desprazándose a través dunha liña temporal para atopar o contido buscado. Pola súa banda, Cocreator axuda a crear novas imaxes case en tempo real, aportando novas funcionalidades a aplicacións locais como Paint ou Fotos.

Live Captions traduce en vivo calquera audio nunha ´´unica experiencia de substítulos en inglés, en tempo real e entendendo máis de 40 idiomas. E Copilot cobra protagonismo, a través da tecla específica, para facilitar o acceso aos modelos máis avanzados. Nas próximas semanas proporcionarase acceso a GPT-4o, facendo posíbel conversas de voz máis naturais.

https://www.microsoft.com/es-es/videoplayer/embed/RW1lsnf?pid=player-container2-oneplayer&postJsllMsg=true&autoplay=true&mute=false&loop=false&market=es-es&useAdaptive=false&playFullScreen=false

Novos dispositivos Copilot+ PC de Microsoft Surface e partners

Microsoft aproveitou o evento para anunciar os dous primeiros Copilot+PC da familia Surface, os novos Surface Pro e Surface Laptop. Estes primeiros Copilot+PC lanzaranse cos procesadores Snapdragon X Elite e Snapdragon X Plus de Qualcomm.

O Surface Laptop conta cunha gran potencia nun portátil de deseño moderno e con biseis moi delgados. A súa pantalla é táctil e está dispoñíbel en dous tamaños, 13,8 e 15 polgadas, e catro chamativas cores, aínda que no noso país só se vende en negro e gris. Ofrece até 22 horas de autonomía en reprodución de vídeo no modelo de maior tamaño, e 20 no pequeno.

Pola súa banda, o novo Surface Pro é un dispositivo 2 en 1, con máis potencia e duración de batería para impulsar as novas experiencias de IA. Conta cunha pantalla OLED e un novo teclado Surface Pro Flex, que se pode empregar conectado ou desconectado.

Máis info | Microsoft

Sobre o autor

No Responses

Reply