Vivo vén de presentar novo trebello. O fabricante chinés anunciou o Vivo X100 Ultra, o seu modelo máis potente. Destaca por ofrecer unha completa folla de características, sendo especialmente relevante a configuración da súa cámara.
O X100 Ultra está equipado cun panel AMOLED de 6,78 polgadas, con resolución 1440 x 3200 píxeles. Seguindo a tendencia actual, vén con taxa de refresco de 120 Hz, e un pico de brillo máximo de 3.000 nits.
No seu interior atopámonos co procesador Snapdragon 8 Gen 3 de Qualcomm. E xunto a el, 12 ou 16 GB de RAM e opcións de 256, 512 ou 1024 GB de capacidade de memoria interna.
Se falamos de cámaras, na principal destaca o sensor de 50 MP de 1 polgada, con f/1.75 e estabilización de imaxe OIS con gymbal Vivo. Xunto a el, un segundo sensor gran angular de 50 MP con f/2.2 e 1161 de apertura. Completa o trío de cámaras un sensor telefoto de 200 MP, con f/2.7 e zoom periscópico de 3,7x. Se pasamos á parte dianteira do dispositivo, atopámonos cunha cámara de 50 MP para autorretratos incrustada na pantalla.
A batería é de 5.500 mAh, con carga rápida de 80W, e tamén compatíbel con carga sen fíos de 30 W. E completando a folla de especificacións temos 5G, WiFi 7, NFC, Bluetooth 5.4 e IP68. Ademais é compatíbel co sistema de chamadas satélite para emerxencias (só o modelo de 16 GB + 1 TB) e vén con Android 14, personalizado coa capa OriginOS 4.
Dispoñibilidade e prezo do Vivo X100 Ultra
O novo Vivo X100 Ultra xa se pode mercar na China, sen que polo de agora haxa informacións que apunten a que vaia comercializarse fóra daló.
En canto a prezos, parte duns 830 € ao cambio para a versión de 12 + 256 GB. O modelo con 16 + 512 GB custa uns 100 € máis, 930 €. E finalmente, a versión con 16 GB + 1 TB sube até uns 1020 €.