Max, a plataforma de streaming que substitúe a HBO Max, xa chegou oficialmente ao noso país. É froito da fusión entre HBO Max e Discovery+, e reúne tanto o que coñeciamos de HBO Max como Warner Bros, Cartoon Network e o Universo DC. Ademais, tamén integra acontecementos deportivos, como a emisión íntegra dos Xogos Olímpicos de París 2024, e outros contidos populares de Discovery.
As persoas que tiñan contratado o servizo de streaming HBO Max verán migradas as súas contas a esta nova plataforma, que se pode contratar por 9,99 €/mes na súa versión estándar (2 dispositivos, resolución FullHD e 30 descargas) ou por 13,99 €/mes (4 dispositivos, resolución 4K e 100 descargas). Optando polo pago anual, conséguese un pequeno aforro, xa que sae en 99,90 €/ano ou 139,00 €/ano, respectivamente.
Max na televisión de R e Vodafone
A oferta de Max en R incorpora o plan estándar desde o seu lanzamento. Así, a operadora ofrece fibra, móbil e TV con Max por 67 €/mes. Ou mesmo unha combinación chamada “combo inmortal” que inclúe fibra 500 Mbps con teléfono fixo, 2 liñas móbiles ilimitadas, Ocio TV e Netflix, Amazon Prime e Max por 81 €/mes, cunha promoción de benvida de 3 meses a 59 €/mes.
Pola súa banda, Vodafone celebra o lanzamento de Max coa tarifa One Ilimitada Max co paquete de televisión Seriefans por 59 €/mes. Este plan inclúe fibra 600 Mbps, unha liña fixa ilimitada en chamadas e datos, unha segunda liña con 200 minutos e 15 GB, Vodafone TV con 70 canles e Max incluíods, o decodificador 4K de Vodafone TV e unha tablet TCL NXTPAPER 11, valorada en 249 €.
Máis info | max.com