Nova tablet Xiaomi Redmi Pad Pro

Xiaomi vén de anunciar o lanzamento dunha nova tablet, a Xiaomi Redmi Pad Pro. Trátase dun dispositivo de gama media, moi pensada para o entretemento e o consumo de contidos multimedia.

A nova Redmi Pad Pro está equipada cunha pantalla de 12,1 polgadas resolución é 2.5K (2560 x 1600, 249 ppp). O seu formato de pantalla é 16:10, e leva taxa de refresco de 144 Hz. Completando a experiencia multimedia temos catro altofalantes estéreo integrados con Dolby Atmos, o que permite somerxerse nun son nítido e de alta resolución.

No seu interior atopamos un procesador Qualcomm Snapdragon 7s Gen 2, combinado con 6 GB de RAM e 128 GB de memoria interna ou 8 GB de RAM e 256 GB para datos.

A autonomía vén dada por unha batería de 10.000 mAh con carga de 33W, e como sistema operativo leva HyperOS, baseado en Android.

Accesorios para completar a experiencia

A Redmi Pad Pro é a primeira tablet Redmi compatíbel co Redmi Smart Keyboard e Redmi Smart Pen, o que mellora a produtividade.

O lapis ten unha sensibilidade de 4096 niveis e unha frecuecnia de mostreo de 240 Hz, o que permite unha experiencia de escritura fluída. Dispón dunha batería de 80 mAh que proporciona até 12 horas de tempo de escritura cunha única carga.

Pola súa banda, o teclado ten unha distancia de desprazamento de teclas de 1,3 mm e un paso de tecla de 19 mm, para ofrecer unha experiencia semellante á de escribir no teclado dun portátil.

Dispoñibilidade e prezo

A Redmi Pad Pro xa se pode mercar no noso país, e está dispoñíbel en tres cores: Gris Gravity, Verde Mint e Azul Ocean, así como dúas versións dependendo da capacidade.

A versión de 8 + 256 GB pódese adquirir por 349,99 €, co teclado de regalo até o 16 de xuño. Pola súa banda, a versión de 6 + 128 GB custa 299,99 €, e mercándoa entre o 3 e o 16 de xuño chega cunha funda de regalo.

Fóra destas promocións, o teclado ten un prezo de 99,99 €, e a funda de 39,99 €.

Sobre o autor

Reply