Vodafone Business lanza os primeiros premios “PEMEs a outro nivel”

Vodafone vén de presentar a primeira edición dos premios “PEMEs a outro nivel“, un certame que pretende resaltar e afortalar o papel das pequenas e medianas empresas (PEMEs) no entorno empresarial actual. Estes galardóns premiarán aquelas empresas que teñan demostrado un desempeño excepcional ou unha contribución significativa en diferentes áreas, empregando a tecnoloxía como motor principal.

Para esta primeira edición establécense tres categorías:

  • Premio á Transformación. Destinado a PEMEs cunha longa traxectoria que realizaran unha transformación significativa no seu modelo de negocio, adaptándose ás novas esixencias do mercado e acadando un crecemento expoñencial.
  • Premio á Innovación. Recoñece a aquelas empresas que -grazas á tecnoloxía- desenvolveron proxectos innovadores que lles permitiron dar un salto cualitativo e cuantitativo no seu negocio e converterse en referenetes no seu sector.
  • Premio ao Impacto Positivo. Dirixido a PEMEs de calquera sector económico e antigüidade que tiveran desenvolto algún proxecto co que, grazas á tecnoloxía, teñan contribuído a mellorar positivamente a sociedade en calquera ámbito: medio ambiente, sanitario, educación, dixitalización da sociedade, redución da fenda dixital social, mellora das condicións de conciliación, etc.

Ademais destes tres premios, outorgaranse tamén cinco recoñecementos adicionais a aqueles proxectos máis inspiradores entre todas as candidaturas presentadas.

Aquelas empresas interesadas en optar a estes premios poderán presentar a súa candidatura até o próximo 30 de xuño a través deste enlace. Vodafone Business gravará con cada un dos premiados un vídeo de caso de éxito, que posteriormente difundirá a través de todas as súas canles.

Sobre o autor

Reply