O novo Motorola Edge 50 Ultra chega para competir na gama alta

Motorola vén de anunciar a dispoñibilidade en Europa do Motorola Edge 50 Ultra. Trátase dun dispositivo no que o fabricante quixo poñer o foco no deseño sen esquecer as prestacións técnicas máis avanzadas. Tampouco a intelixencia artificial (IA), que aparece a través dunha serie de funcionalidades no que deron en chamar moto ai: un conxunto de ferramentas que permiten personalizar o dispositivo ou atopar información dunha maneira máis áxil.

Folla de especificacións

O Motorola Edge 50 Ultra conta cunha pantalla P-OLED de 6,7 polgadas, con resolución 2.5K e taxa de refresco de 144 Hz. No seu interior atopamos o procesador máis potente da serie Qualcomm, o Snapdargon 8s Gen3, e diferentes combinacións de memorias, que chegan a 16 GB de RAM e 1 TB de memoria interna.

A súa batería é de 4.500 mAh, con carga rápida de 125W. Isto permite cunha carga de 4 minutos ter batería para todo o día, ou dispor do teléfono cargado ao 100% con 20 minutos de carga. En canto á carga sen fíos, esta é de 50W, e tamén ofrece carga inversa de 10W.

Completando a folla de características temos lector de pegadas dixitais (baixo a pantalla), WiFi 7, 5G, Bluetooth 5.4, NFC, USCB C e Android 14 como sistema operativo, cunha mínima personalización do fabricante.

Fotografía e “motoia”

No apartado fotográfico, o Motorola Edge 50 Ultra está equipado cunha cámara principal de 50 MP. Esta está acompañada dun teleobxectivo de 64 MP con zoom óptico 3x e SuperZoom 100x, e un obxectivo ultra gran angular de 50 MP con visión macro, que permite ao trebello capturar imaxes cun gran nivel de detalle. Na parte frontal temos unha cámara incrustada na pantalla de 50 MP.

Como xa avanzamos, moita da potencia da intelixencia artificial reflíctese neste dispositivo na fotografía, optimizando a toma de imaxes e mellorando o resultado en detalles como a claridade ou as luces e sombras. Para iso combina diferentes modos de disparo

Tamén permite crear imaxes personalizadas e únicas, que se poden empregar como fondo de pantalla grazas a Sytle Sync, e dispón d estabilización adaptativa, que axusta dinamicamente o nivel de estabilización segundo a velocidade de movemento para obter mellores resultados nos vídeos.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Motorola edge 50 Ultra xa está dispoñíbel no noso país en tres cores (Peach Fuzz, Nordic Wood e Forest Gray, nunha única versión de 16 GB + 1 TB por 999 €.

Até agotar existencias, Motorola está agasallando como promoción de lanzamento os auriculares sen fíos moto buds+, valorados en 149 €.

Sobre o autor

No Responses

Reply