Vodafone vén de anunciar que a súa clientela de servizos de prepago xa pode activar, se así o desexa, a tarxeta eSIM para os seus dispositivos compatíbeis. Para iso deben achegarse a unha tenda Vodafone ou distribuidor oficial, onde recibirán un código QR e os pasos a seguir para poder completar o proceso.
A alta dunha nova liña con eSIM é gratuíta, mentres que os cambios da SIM física á tarxeta virtual ten un custe de 5 € . Porén, o cambio será gratuíto para clientes que dispoñan dun iPhone con versión iOS 17.4 ou posterior, a través da funcionalidade Quick Transfer, que permite convertir a SIM nunha eSIM conservando o número e os datos.
Promoción de verán para as tarifas prepago
Vodafone tamén anunciou a súa promoción de verán para as tarifas prepago, pola cal até o 31 de agosto a clientela da compañía contará con máis datos no momento de contratar unha tarifa prepago ou ralizar unha renovación dos beneficios..
As tarifas Vodafone Prepago S Voz, Prepago S e Prepago M duplican os datos incluídos, pasando a ter 40, 50 e 100 GB, respectivamente. Tamén incrementan os datos a tarifa Prepago L, Prepago XL e Prepago XXL, sumando 40 GB aos datos que inclúen habitualmente.
As tarifas prepago de Vodafone poden adquirirse a través da web de Vodafone, nas súas tendas e nos puntos de venda autorizados. Todas elas contan con renovación automática dos beneficios cada 28 días.