O servizo de televisión Movistar Plus estrea tarifa por 9,99 €/mes

Movistar Plus+, o servizo de televisión de Movistar dispoñíbel para usuarias de todas as compañías, estrea nova tarifa. Até o de agora, víñase ofrecendo por 14 €/mes, agás para as usuarias de O2, que desfrutaban dun desconto permanente de 2 €/mes.

A compañía anuncia agora un novo plan que custa 9,99 €/mes para todas, incluídas aquelas persoas que teñen contratado o servizo sendo clientes da segunda marca de Movistar, O2. A diferenza entre ambos plans non está nos contidos ou servizos incluídos, que son os mesmos, senón en que no novo plan non están dispoñíbeis en calidade 4K / UHD.

Polo tanto, aquelas persoas que actualmente teñen contratado este servizo poden optar por continuar co plan actual de 12 €/mes para clientes O2 ou 14 €/mes para o resto, ou pasarse ao novo de 9,99 €/mes, a cambio de reducir a calidade 4K.

Máis info | Movistar Plus

Sobre o autor

Reply