Pepephone aumenta a velocidade da fibra en varias tarifas sen tocar o prezo

Nun mercado tan dinámico como das telecomunicacións, as diferentes compañías teñen que manter un ritmo de actualización constante para non quedar atrás en cuestión de servizos ou prezo. Tras os últimos movementos de Lowi ou O2, agora tocoulle a unha das marcas máis simbólicas do grupo MASORANGE. Falamos de Pepephone.

A operadora dos lunares vén de anunciar novidades en dous dos seus plans combinados converxentes, que actualizan incrementando a velocidade da fibra sen que isto afecte á cota mensual que paga a súa clientela.

Deste modo, tanto as usuarias actuais de Pepephone como a nova clientela poderán desfrutar de 500 Mbps simétricos de fibra e unha liña móbil con chamadas e 39 GB acumulábeis por 38,90 €/mes, isto é, 200 Mbps máis de velocidade na conexión fixa.

Por outro lado, e de forma análoga, a tarifa con fibra 600 Mbps e 99 GB acumulábeis no móbil terá agora 800 Mbps na velocidade fixa, mantendo a cota de 48,90 €/mes.

A actualización da tarifa coas novas velocidades é automático para as usuarias actuais da compañía, e tamén está dispoñíbel para novas contratacións a través das diferentes canles de comercialización que ofrece Pepephone.

Sobre o autor

Reply