AgileTV vén de engadir 16 novas canles temáticas, dispoñíbeis sen custe adicional para todas as persoas que teñen contratado o servizo a través das marcas Yoigo, MásMóvil, GUUK, Embou, Populoos e Netllar. Con eles, o servizo de televisión pretende enriquecer a oferta, con propostas dirixidas a diferentes públicos.
No segmento de estilo de vida e intereses especiais, súmanse á grella as canles Vivir con Gatos; Vivir con Perros e Love The Wine, adicados a gatos, cans e o mundo do viño, respectivamente. Tamén aparecen novas canles de música: Trace Latina, Trace Urban e Sol Música.
En canto a documentais e natureza, AgileTV incorpora Nature Time; no segmento infantil a canle Pocoyó; e en novas e internacional, El País TV. Por último, no apartado de cinema e series temos Runtime Acción; Runtime Cine y Series; Rubime Series; Runtime Thriller/Terror e Runtime Familia.
Todos estes contidos están accesíbeis para as usuarias deste servizo de televisión sen custe adicional.