Filtrados os Galaxy Z Fold6 e Z Flip6 de Samsung

Apenas haberá sorpresas na presentación dos Samsung Galaxy Z Fold6 e Galaxy Z Flip6. O novos terminais de Samsung, previstos para comezos do mes de xullo, veñen de ser filtrados na súa -práctica- totalidade. Unha filtración que descubre toda a súa folla de especificacións.

A continuación comparamos as fichas técnicas de ambos modelos, segundo esta última filtración:

Galaxy Z Fold6Galaxy Z Flip6
PantallasPanel interior Dynamic AMOLED 2X de 7,6 polgadas (2160 x 1856)
Taxa de refresco de 120 Hz.
Panel exterior Dynamic AMOLED 2X de 6,3 pulgadas (2376 x 986)
Taxa de refresco de 120 Hz.
Panel interior Dynamic AMOLED 2X de 6,7 polgadas (2640 x 1080)
Taxa de refresco de 120 Hz.
Panel exterior Super AMOLED de 3,4 pulgadas (720 x 748).
ProcesadorQualcomm Snapdragon 8 Gen 3 for Galaxy.Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3 for Galaxy.
Memoria RAM12 GB.
Almacenaxe interna256 GB, 512 GB ou 1 TB.256 GB ou 512 GB.
CámarasSensor principal de 50 MP con apertura de f/1.8 e estabilización óptica de imaxe.
Sensor ultrawide de 12 MP (f/2.2) e campo de visión de 120°.
Telefoto de 10 MP (f/2.4) con estabilización óptica de imaxe, zoom óptico de 3x e zoom dixital de 30x.
Cámara frontal de 10 MP (f/2.2).
Cámara interior (baixo pantalla) de 4 MP (f/1.8).
Sensor principal de 50 MP con apertura de f/1.8.
Sensor ultrawide de 12 MP (f/2.2).
Cámara frontal de 10 MP (f/2.2)
Conectividade e portosWiFi 6, Bluetooth 5.3, NFC, UWB e USB-C 3.2 Gen 1.WiFi 6E, Bluetooth 5.3, NFC e USB-C 3.2 Gen 1.
Batería4.400 mAh.4.000 mAh.
Dimensións153,5 x 68,1 x 12,1 milímetros (pechado).
153,5 x 132,6 x 5,6 milímetros (aberto).
85,1 x 71,9 x 14,9 milímetros (pechado).
165,1 x 71,9 x 6,9 milímetros (aberto).
Peso239 gramos.187 gramos.
CoresRosa, prata e azulAzul, prata, amarelo e menta.

Como pode extraerse da anterior táboa, nesta edición parece que non haberá grandes novidades respecto aos modelos anteriores en materia de hardware, máis aló da evidente actualización do procesador. Falta por saber a RAM que terá o Z Flip6, onde poderíamos ver -ao fin- igualada a súa capacidade á do Z Fold6.

No apartado das cámaras, ambos comparten parte do equipamento, coa salvidade de que o Galaxy Z Fold6 ponse novamente por diante, ao incorporar un terceiro sensor telefoto de 10 MP. Así mesmo, este modelo tamén podería gravar vídeo en 8K a 30 frames por segundo, quedando o Z Flip6 en 4K a 60 frames por segundo.

Por suposto, ambos veñen con Android 14, e con todas as novidades vencelladas á Intelixencia Artificial (IA) da proposta comercial Galaxy AI que xa vimos no lanzamento da serie Galaxy S24. A incógnita está en saber se nestes modelos incorporan algunhs novidades adicionais neste sentido.

Por último, e en canto a prezos, o Galaxy Z Fold6 partiría dos 1899,99 dólares para a versión de 256 GB, subindo até os 2019,99 € a de 512 GB e 2259,99 dólares a de 1 TB. Pola súa banda, o Galazy Z Flip6 partiría dos 1099,99 dólares (256 GB), e chegaría aos 1219,99 dólares da versión de 512 GB.

Estes dous modelos serían presentados nun Galaxy Unpacked que tería lugar a comezos de xullo.

Sobre o autor

No Responses

Reply