A operadora Finetwork vén de facer dous importantes anuncios. O primeiro ten que ver coa chegada do 5G, un servizo que ofrecerá desde o próximo 25 de xuño grazas á renovación do acordo asinado hai unhas semanas con Vodafone, o seu provedor de rede móbil. Será de xeito automático e para todas as tarifas que inclúen unha liña móbil.
Por outro lado, a operadora tamén deu conta da súa promoción de verán, pola cal pódese contratar fibra de 600 Mbps simétricos e unha liña móbil con chamadas ilimitadas e 10 GB de datos por 18,90 €/mes, prezo definitivo. Ademais, esta promoción permite contratar liñas adicionais, a partir dunha cota de 2,90 €/mes.
Con este novo plan en carteira, a oferta converxente de Finetwork ofrece catro opcións con velocidade de fibra simétrica de 600 Mbps. Alén da que combina a fibra con móbil e 10 GB por 18,90 €/mes, ofrece tamén 55 GB por 25,90 €/mes; 150 GB por 29,90 €/mes; e con datos ilimitados por 34,90 €/mes.
Nas tarifas só móbil, Finetwork ofrece chamadas e datos ilimitados por 19,90 €/mes. Que non precise tanto pode optar por 150 GB con ilimitadas por 14,90 €/mes, 75 GB con ilimitadas por 11,90 €/mes; 30 GB e ilimitadas por 8,90 €/mes ou 10 GB e ilimitadas por 5,90 €/mes.