OPPO anuncia os novos Reno12 5G

OPPO anunciou esta semana novos dispositivos, entre eles, os novos OPPO Reno12 5G e OPPO Reno12 Pro 5G. Dous smartphones que introducen unha serie de características de intelixencia artificial xenerativa (GenAI), destinadas a potenciar a produtividade e creatividade entre as usuarias.

Funcionalidades de Intelixencia Artificial (IA)

Ambos os dous modelos están equipados co novo procesador MediaTek Dimensity 7300-Energy, fabricado en 4 nm. Este chip consegue levar as funcións de IA a terminais de gama media, un campo no que OPPO traballou conxuntamente con Google, Microsoft, Qualcomm e a propia MediaTek, entre outras socias.

Entre estas funcións de IA dos novos Reno12 5G destacan as vencelladas ao mundo da fotografía, co AI Eraser 2.0, co que as usuarias poden eliminar facilmente persoas ou elementos das súas imaxes. Ou AI Clear Face, que dá a todas as persoas que saen nunha foto teñan o mesmo aspecto. Por último, AI Best Face identifica ás persoas con ollos pechados e emprega a IA para abrirllos, e AI Studio pode crear avatares dixitais ou estilos de retratos artísticos a partir dunha foto.

Máis aló das funcionalidades de fotografía, dentro da AI Toolbox, OPPO inclúe funcións como AI Write, AI Speak e AI Summary, que permiten -entre outras- crear contidos de texto ou resumir artigos extensos. En canto á gravación, con AI Recording Summary pode extraer resumos en texto dunha gravación de voz e organizalos en notas, con información como listas de tarefas, horas, ubicacións e outros detalles destacados.

Especificacións

Máis aló das funcionalidades de intelixencia artificial, ambos modelos contan cunha pantalla AMOLED de 6,7 polgadas con 120 Hz. Son de tipo Infinity View, con deseño de micro-curva cuádruple para combinar a estética dunha pantalla curva co agarre dunha pantalla plana. Levan ademais tecnoloxía Splash Touch de OPPO, para poder empregala cando está mollada, e protección Corning Gorilla Glass, na versión 7i no Reno 12 5G, e Victus 2, no Reno12 Pro 5G.

Na fotografía, veñen cun senor principal Sony LYT-600 con enfoque automático omnidireccional e OIS, así como un modo retrato con até 2x de zoom. O Reno12 Pro 5G engade ademais unha cámara teleobxectivo de 50 MP, e unha nova cámara de autorretratos de 50 MP con enfoque automático e novos efectos de AI Portrait Retouchung.

Outra característica é que inclúen é a conversión de memoria ROM a RAM, o que permite proporcionar un impulso de fluídez nos momentos que se precisan. En canto á batería, veñen cunha batería de 5.000 mAh, con sopoorte á carga rápida SUPERVOOCTM de 80W, que permite acadar o 50% da carga en 18 minutos, e ter o teléfono completamente cargado en 45 minutos. Por último, ambos modelos veñen con protección IP65 para resistencia á auga e pó.

Dispoñibilidade e prezo

O OPPO Reno12 5G e o Reno12 Pro 5G xa se poden mercar no noso país, por 449 e 549 €, respectivamente. Ademais, como adoita ser habitual, OPPO ofrece diversas ofertas exclusivas:

  • O OPPO Reno12 Pro 5G vén cuns auriculares OPPO Enco Air3, un cargador SUPERVOOCTM de 80W, unha funda con sorporte, colantes de OPPO e un bolos de verán se se merca antes do 31 de xullo, tanto na web de OPPO como nos principais operadores e retailers.
  • O OPPO Reno12 5G disfruta dun desconto de 20 € até o 30 de xuño, ademais dun pack composto por un cargador SUPERVOOCTM de 80W, a fonda con soporte, colantes e o bolso de verán. Entre o 1 e o 31 de xullo seguirá vixente a oferta do paquete gratuíto, pero non o desconto dos 20 euros.

Sobre o autor

No Responses

Reply