Microsoft anunciou esta semana a posta á venda no noso país dos novos Copilot+ PC da familia Microsoft Surface. Surface Pro, en formato 2 en 1, e Surface Laptop, en formato portátil ultra delgado, renóvanse con características hardware e software, destacando a implementación das funcións de Intelixencia Artificial, capaces de executarse mesmo sen conexión á rede.
Estes novos dispositivos inclúen os novos procesadores Snapdragon X Series P, que proporcionan un maior rendemento e unha autonomía mellorada, para sobrevivir toda a xornada. Ademais integran tamén unha Unidade de Procesamento Neuronal (NPU) para ofrecer todas as experiencias vencelladas á intelixencia artificial (IA).
Outro punto no que estes dispositivos melloran notabelmente é na pantalla. Reciben unha actualización con paneis máis brillas e inmersivos, para unha mellor experiencia de visualización. A Surface Pro conta coa opción de equipar unha pantalla OLED con HDR, e Surtace Laptop ten un novo panel táctil HDR con viseis moi delgados.
Microsoft tamén presentou, xunto coa nova Surface Pro, un novo teclado Surface Pro Flex, que amplía a flexibilidade. Pódese empergar tanto acoplado ao dispositivo como desacoplado, con conectividade sen fíos.
Funcións de Intelixencia Artificial
Os novos dispositivos de Microsoft están orientados á Intelixencia Artificial, para potenciar a creatividade e a produtividade, e inclúen a nova tecla Copilot, que sitúa o acceso á IA a unha pulsación de distancia.
Entre as principais novidades neste aspecto destacan as seguintes ferramentas:
- Cocreator. Integrado en Paint, facilita a creación de imaxes e a edición de fotos mediante indicacións de texto sinxelas e entrada manuscrita natural, empregando o lapis no Surface Pro ou a función táctil en Surface Laptop. É unha aplicación exclusiva dos Copilot+PC.
- Live Captions. Ofrece subtítulos en vivo ao inglés de calquera audio en vivo ou pregravado, en tempo real, facilitando a conexión con outras persoas e mellorando a experiencia de películas e series.
- Efectos de Windows Studio. Potencia a claridade nos vídeos, a redución do ruído de fondo e ofrece filtros creativos para unha mellor expresión ante a cámara. Incorpóranse estas funcións ás videochamadas, sendo equivalente a contar cuna anel de luz.
- Recuerdos (Recall). Está deseñado para axudar a emprendedoras a xestionar os seus arquivos de traballo e correos electrónicos, permitindo atopar rapidamente documentos, imaxes, webs, correos e aplicacións vistas no PC.
Dispoñibilidade e prezos
Os novos modelos Copilot+ PC da familia Surface de Microsoft contan cun deseño pensado na portabilidade, sendo dispositivos moi delgados e lixeiros. Están dispoñíbeis en catro cores (negro, plantino, zafiro e duna) e poden adquirirse nos diferentes puntos de venda a partir de 1.199 €.
De forma exclusiva, na tenda oficial Microsoft Store, o portátil Surface Laptop (7ª Edición), con configuración de 32 GB, pantalla de 15 polgadas, procesador Snapdragon X Elite (12 núcleos) e almacenaxe SSD de 1 TB ten un prezo 2.599 €.
Por outra banda, e tamén en exclusiva na tenda Microsoft Store, as usuarias que merquen a Surface Pro Copilot + PC cun Essential Bundle, que inclúe a funda co novo teclado Surface Pro Flex e a suscrición a Microsoft 365 por un prezo especial.