realme está a vivir un dos seus mellores anos. Ao longo deste 2024 a compañía foi presentando diversos dispositivos, orientados a diferentes liña de prezo e necesidades. Os últimos modelos en chegar ao mercado son os realme GT 6 e realme GT 6T, chamados a ser “flagship killers”, ao contar con características premium a prezos moito máis comedidos.
Entre a súas caracteríasticas destaca a súa pantalla Ulra Bright de 6000 nits. Permite empregar o trebello en exteriores sen problema, mesmo a incidencia directa -e intensa- do sol. Para iso fai uso das tecnoloxías HDR e Pro-XDR, que mellorar as imaxes ofrecendo unha gama de cores máis ampla e 10.240 niveis de brillo de precisión e adaptativo.
A integración da tecnoloxía 8T LTPO da serie GT 6 adapta intelixentemente a frecuencia de actualización e o aforro de enerxía até un 20%, aumentando a vida da batería até os 5.800 mAh (5.500 mAh de base e 300 mAh de aforro de enerxía. Tamén integra Corning Gorilla Glass Victus 2, para protexer o panel de pequenos golpes e rabuñadas, e atenuación PWM de 2160 Hz para a protección ocular.
No interior dos dispositvos atopamos procesadores asinados por Qualcomm. O realme GT 6 está equipacado co Snapdragon 8s Gen 3, que ofrece unha capacidade de resposta ultrarrápida e gran eficiencia. Pola súa parte, o realme GT 6T aposta polo Snapdragon 7+ Gen 3.
Ambos modelos incorporan unha cámara principal Super OIS de 50 MP, o modelo Sony LYT-808. Destaca polo seu sistema de visión nocturna que permite tomar mellores tomas en condicións de pouca luz. Xunto a ela temos un teleobxectivo, tamén de 50 MP, que ofrece opcións de zoom 2X e 4X, e unha cámara de autorretratos na parte dianteira de 32 MP.
En canto á batería, os seus 5.500 mAh poden cargarse a 120 W grazas á tecnoloxía SUPERVOOC. Iso implica que en 10 minutos podemos ter o trebello cargado até o 50%, e que a carga completa pode acadarse en 26 minutos.
Como a meirande parte dos smartphones que estamos a ver neste 2024, a serie realme GT 6 incorpora funcionalidades de intelixencia artificial. Están oirentados tanto ás imaxes como á eficiencia e á personalización, e se centran nunha iniciativa chamada NEXT AI Lab.
Entre estas funcións destaca un modo de visión nocturna con IA para capturar vídeos con moi pouca luz, ou AI Smart Loop, que recoñece o contido en pantalla e se anticipa á intención das usuarias para facer recomendacións precisas. Combinado con One Touch Delivery, permite acceso directo a un só clic ás funcións máis empregadas.
Dispoñibilidade e prezo.
Ambos os dos modelos xa están á venda no noso país en diferentes configuracións, e con vantaxes por compra anticiapada que se estenderán até o próximo 4 de xullo.
No seguinte cadro especifícanse tanto os prezos como os descontos e agasallos asociados, así como a canle a través do que se poden conseguir::
Modelo | Memorias (RAM + interna) | PVP | Prezo por reserva anticipada | Paquete gratuíto | Período | Canal |
realme GT 6 | 16+512GB | €799.99 | €699.99 | Non | Até o 4 de xullo | Amazon |
€799.00 | €679.00 | Até o 4 de xullo | El Corte Inglés, Wibai, PC Componentes e Media Markt | |||
€799.00 | €699.00 | realme Buds Air6 €69.99 + 120W SUPERVOOC Charge €29.99 Valor total €99.98 (Limitado) | Até o 4 de xullo | El Corte Inglés, Wibai, PC Componentes e Media Markt | ||
12+256 GB | €699.99 | €599.99 | Até o 4 de xullo | Amazon | ||
8+256 GB | €599.99 | €549.99 | Amazon | |||
realme GT 6T | 8+256 GB | €549.99 | €399.99 | Amazon + PC Componentes e Media Markt |