Watch X e dous modelos de auriculares, os dispositivos presentados por OPPO xunto coa serie Reno12 5G

A semana pasada OPPO celebrou o evento no que deu a coñecer a serie Reno12 5G, uns smartphones que non chegaron sós. O fabricante aproveitou para anunicar tamén o seu novo reloxo intelixente, o OPPO Watch X, e dous modelos de auriculares: os Enco Air 4 Pro e Enco X3i.

OPPO Watch X

O novo reloxo de OPPO, o OPPO Watch X, chega con novidades interesantes, como o seu GPS de dobre frecuencia, a incorporación da interface híbrida ou unha arquitectura de dobre procesador. E todo ilo gobernado por WearOS, o sistema operativo de Google, baseado en Android e destinado a reloxos.

O uso do GPS de dobre banda permite recibir o sinal GPS L1, de uso común, e o sinal GPS L5, máis avanzado. O uso destas dúas antenas por separado permite mellorar tanto a precisión como a fiabilididade das usuarias cando corren, fan dsendeirismo, montan en bicicleta ou practican calquera tipo de deporte en entornos con pouca cobertura. Xunto co incorporación dun acelerómetro de alta precisión, o xiroscopio e un sensor magnetómetro, consegue facer un seguemento dos datos intelixente para proprocionar medicións exactas.

Ofrece a posibilidade de recoñecer automaticamente numerosos deportes, e concretamente en carreira, toma datos adicionais á posición en carreira, incluíndo o tempo de contacto co chan (TPC), o equilibrio TPC entre ambos pés, a lonxitude do paso ou a frecuencia, entre outras.

Tamén monitoriza de xeito avanzado o sono durante as diferentes fases, tomando datos como a frecuencia respiratoria, o nivel de oxíxeno en sangue, a frecuencia cardíaca basal, os ronquidos, o movemento corporal e outros comportamentos. Estes datos poden analizarse a través da aplicación OHealth de OPPO.

Na parte máis técnica, o OPPO Watch X incorpora dous procesadores independentes, o Snapdragon W5 Gen 1 e a MC BES2700, que traballan de forma conxunta. O primeiro adícase ás operacións de alto rendemento, e o segundo a tarefas frecuentes, como responder chamadas ou atender ás notificacións.

A pantalla é un panel AMOLED de 1,43 polgadas, con resolución de 326 ppp e frecuencia de actualización de 60 Hz. Está protexida por unha cuberta de cristal de zafiro de 2.5D, fronte pequenos golpes rabuñadas. Por outro lado, a súa batería ofrece até 100 horas de duración, que se poden estender até os 12 días co modo de aforro de enerxía. Esta batería é de 500 mAh e dispón de carga rápida VOOCTM, que proporciona 24 horas de uso con 10 minutos de carga ou carga completa en 60 minutos.

Conta tamén coa certificación militar MIL-STD-810H, que garante a súa durabilidade en condicións extremas. Tamén dispón de certificación de resitencia ao pó IP68 e á auga de 5 ATM.

OPPO Air 4 Pro

OPPO tamén anunciou dos modelos de auriculares. Os primeiros, os Enco Air4 Pro, están certificados por Hi-Res Audio. Incorporan tres micrófonos de cancelación de ruído, acadando volumes de 49 dB e cubrindo un amplo rango de 4.000 Hz.

Ofrecen unha autonomía de até 44 horas para a reprodución de música, e cunha carga de 10 minutos poden achegar 4 horas de reprodución ininterrompida. Son resistentes á auga e pó segundo o estándar IP55 e dispoñen de Bluetooth 5.4, con latencia ultra baixa de 47 ms.

OPPO Enco X3i

Por último, os OPPO Enco X3i chegan con deseño coaxial integrado e funcións avanzadas. Entre as súas características destacan o audio equilibrado e de alta resolución (Hi-Res); a optimización de cancelación activa de ruído (ANC) de alto rendemento; ou melloras como o control de volume táctil.

É compatíbel co Bluetooth 5.3 e dispón de resistencia ao pó e auga IP55. A súa batería ofrece 10 horas de reprodución, e con 10 minutos de carga pode conseguir 7 horas adicionais.

Dispoñibilidade e prezo

Tanto o reloxo como os auriculares chegarán proximamente ao noso país, nunha data aínda por determinar. O que si foi confirmado foi o prezo ao que serán comercializados, a comezar polo smartwatch OPPO Watch X, que se poderá mercar por 299 €.

En canto aos auriculares, os OPPO Enco Air4Pro chegarán en dúas cores -branco e negro- por 69 €. Por outro lado, os OPPO Enco X3i estarán dispoñíbeis por 109 €, para mercarse en azul ou gris.

Sobre o autor

Reply