Motorola anuncia os encartábeis razr 50 e razr 50 Ultra

Motorola anunciou esta semana o lanzamento da súa nova familia razr, que destacan por ofrecer unha pantalla encartábel de 6,9 polgadas. Trátase dos novos Motorola razr 60 e razr 50 Ultra, dous dispositivos que chegan con moitas similitides, pero tamén con significativas diferenzas.

A continuación comparámolos nunha táboa

Motorola razr 50Motorola razr 50 Ultra
Pantalla interna (principal)pOLED encartábel de 6,9 polgadas
FHD+ (2.640 x 1.080 píxeles)
Refresco: 120 Hz
Brillo até 3.000 nits
pOLED encartábel de 6,9 pulgadas
FHD+ (2.640 x 1.080 píxeles)
Refresco: 165 Hz
Brillo até 3.000 nits
Pantalla externa (secundaria)pOLED de 3,6 polgadas
1.056 x 1.066 píxeles
Corning Gorilla Glass Victus
Brillo até 1.700 nits
pOLED de 4 pulgadas
1.272 x 1080 píxeles
Corning Gorilla Glass Victus
Brillo até 2.400 nits
Peso188 gramos189 gramos
ProcesadorMediaTek Dimensity 7300XSnapdragon 8s Gen 3
RAM8 GB12
Almacenaxe interna256 GB512
Cámara dianteira32 MP, f/2.432 MP, f/2.4
Cámara traseiraPrincipal: 50 MP, f/1.7, OIS
Gran angular: 13 MP, f/2.2
Principal: 50 MP, f/1.7, OIS
Telefoto: 50 MP, f/2.0, 2x
Batería4.200 mAh
Carga rápida de 30 W
Carga sen fíos de 15 W
Cargador de 33 W incluido
4 000 mAh
Carga rápida de 45 W
Carga sen fíos de 15 W
Carga inversa de 5 W
Cargador de 68 W incluido
Sistema operativoAndroid 14Android 14
ConectividadeWiFi 6
Bluetooth 5.4
USB-C (USB 2.0)
NFC
Wi-Fi 7 / WiFi 6E
Bluetooth 5.4
USB-C (USB 2.0)
NFC
OutrosPel vegana (traseira)
Resistencia á agua IPX8
Lector de pegadas dixitais
Pelvegana (trasera)
Resistencia áagua IPX8
Lector de pegadas dixitais
Prezo899 euros1.199 euros

Como pode verse na comparativa anterior, ambos os dous modelos coinciden no tamaño da pantalla interior, se ben hai cambios no panel exterior, onde a versión Ultra ofrece un panel de maior tamaño que se aproxima ao borde, fronte o razr 50, que deixa unha banda na parte próxima á bisagra. No apartado fotográfico, os dous comparten unha cámara principal de 50 MP, se ben nun caso apóstase por acompañala dun gran angular de 13 MP, e no outro por intorducir un sensor telefoto de 50 MP.

Cambian tamén características técnicas como o procesador, apostando por Mediatek no razr 50 e por Qualcomm no razr 50 Ultra, así como na capacidade da memoria RAM e da almacenaxe interna. A batería resulta superior -en tamaño- no modelo básico, se ben o Ultra aposta por unha velocidade de carga superior.

En canto a software, Motorola ofrecerá tres anos de actualizacións de Android e catro de actualizacións de parches de seguridade. Tamén se aliou con Google para ofrecer Gemini de serie, podendo empregalo na pantalla externa.

Dispoñibilidade e prezo

Os novos modelos Motorola razr 50 están dispoñíbeis en cores chamativas e acabados de coiro vegano, con bordes contorneados. Están dispoñíbeis por 899 € (Motorola razr 50) e 1199 € (Motorola razr 50 Ultra). Este último pode adquirirse en azul, verde, rosa ou pexego.

Sobre o autor

Reply