Entre o 26 de xullo e o 11 de agosto París converterase no epicentro mundial do deporte, coa celebración dos Xogos Olímpicos. Un evento que será retransmitido en tempo real, empregando as últimas innovacións en tecnoloxía.
Samsung, como socio oficial de smartphones e equipos informáticos dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos, aproveitará a súa tecnoloxía móbil e conectividade 5G para ofrecer unha perspectiva máis próxima dos mesmos. Como parte desta colaboración, avánzase un sistema de retransmisión no que se empregarán ducias de dispositivos Samsung Galaxy S24 Ultra para ofrecer unha nova perspectiva nas retransmisións, e que se poderán desfrutar durante a cerimonio de apertura no río Sena como nas competicións de vela, que terán lugar na cidade de Marsella.
A cerimonio de apertura moverá ás 10.500 atletas en embarcacións designadas para cada delegación, nun percorrido de 6 quilómetros polo centro de París, pasando por algunhas das sedes oficiais dos Xogos Olímpicos, antes do final da cerimonia, que será no Trocadero. Empregando máis de 200 smartphones Galaxy S24 Ultra, acoplados na proa e nos costados de cada unha das 85 embarcacións que se empregarán na cerimonia inaugural, retransmitiranse imaxes en tempo real, dando unha perspectiva de “asento en primeira fila”, para que as espectadoras poidan gozar dunha experiencia máis inmersiva na cerimonia.
A operadora Orange será a encarga de garantir a conectividade destes teléfonos, e para iso empregarase a capacidade das redes 5G. A compañía instalou unha rede privada 5G, con 12 antenas ao longo do Sena para garantir unha conectividade 5G con plena capacidade, ofrecendo unha visualización perfecta.
Samsung tamén despregará a mesma tecnoloxía nas competicións de vela, que terán lugar en Marsella, instalando o Samsung Galaxy S24 Ultra en cada barco, e permitindo así vivir a emoción da regata xunto aos seus regatistas favoritos. Para garantir a calidade e rendemento da retransmisión en condicións que poden ser adversas (masas de auga, vento, ondas, calor…), aumentouse a potencia de transmisión e se instalaron torres de retransmisión no barco de persecución, o que servirá para garantir unha experiencia en directo sen interrupccións.