Consulta se o teu concello beneficiarase das axudas para a expansión do 5G+

Recentemente coñeceuse a resolución provisional do Programa Único 5G Redes Activas. Trátase dun plan de axudas destinado a operadoras, no cal repártense máis de 500 millóns de euros para levar o 5G+ a concellos de menos de 10.000 habitantes.

Neste reparto, Movistar conseguiu o 60% das axudas, con 4.123 emprazamentos. Séguelle Orange, con 1.105 torres; Vodafone, con 1220; e por último a UTE formada por Avatel e MásMóvil, con 482 emprazamentos. Beneficiaranse así 7.330 torres de telefonía móbil que mellorarán as súas prestacións actuais, aínda que hai 174 de nova construción. A poboación afectada será de 1,8 millóns de habitantes.

Con independencia da operadora que resultase gañadora, todas as usuarias destas vilas veranse beneficiadas, xa que Telefónica, Vodafone e MASORANGE asinaron un acordo histórico para compartir este espectro. O contrato implica que a operadora beneficiaria da axuda poderá empregar o conxunto do espectro asginado aos tres operadores, mellorando a eficiencia do despregamento e superando o mínimo de 100 Mbps que impón a axuda. En contrapartida, as usuarias das tres operadoras desfrutarán desta nova cobertura.

Localización das antenas beneficiadas

Aproveitando os datos da resolución, desde Banda Ancha fixeron este documento no que se pode consultar o listado completo de antenas que serán actualizadas para ofrecer 5G+ con cargo a estas axudas.

Nesta información pode consultarse tanto o concello, como a operadora beneficiaria e a ubicación en Google Maps das 7.330 antenas.

Antes de febreiro de 2026

O praza para actualizar estes emprazamentos á rede 5G+ será de ano e medio, e deberá estar completado en febreiro de 2026. Para daquela, a poboación dos concellos afectados desfrutarán do 5G SA (ou 5G+), o que supón melloras a nivel de velocidade, latencia, consumo e seguridade.

Sobre o autor

Reply