Honor fixa para o 12 de xullo o anuncio do Magic V3

Honor vén de anunciar a presentación do seu novo dispostivo encartábel, o Honor Magic V3, para o 12 de xullo. Trátase da versión máis delgada dos seus modelos encartábeis até o de agora. Ademais, nesa data tamén anunciará novas tablets Avatar.

No momendo do seu lanzamento, o Honor Magic V2 converteuse no dispositivo encartábel máis fino, con 4,7 mm de grosor. E agora, semella que a o fabricante está preparado para ir un paso máis aló coa seguinte versión, o Magic V3.

Polo de agora non hai moitos datos sobre este novo dispositivo, polo que haberá que esperar a finais da semana que vén para descubrilos. O que su parece seguro é que nesa presentación, ademais do Honor Magic V3, veremos tamén o Magic Vs3, a Magic Pad 2 e o Magic Book Art 14. O primeiro é unha versión máis económica do teléfono encartábel, mentres que as dúas últimas son tablets.

Sobre o autor

Reply