Polaroid, un dos fabricantes máis emblemáticos de cámaras instantáneas, anima a facer plans durante este verán coa súa cámara analóxica Polaroid Go Gen 2. Trátase dunha das cámaras instantáneas analóxicas máis compactas no mercado, e que inclúe diversas características que permiten tomar imaxes divertidas deses momentos de lecer que asociamos ao período estival.
Entre as súas vantaxes está o tamaño, xa que ao ser un dispositivo tan compacto pode acomodarse facilmente en calquera mochila coa que carguemos nas nosas saídas. Ademais, tampouco precisa de cartuchos de tinta, dado que emprega un sistema de impresións químicas instantáneas que nin esvaecen nin se deterioran co paso do tempo.
Entre as súas funcións, a Polaroid Go Gen 2 conta cun temporizador automático (axeitado para tomar fotos grupais) ou a posibilidade de engadir filtros creativos, que se deben mercar á parte. Tamén dispón dun modo de dobre exposición para aumentar a creatividade das usuarias con maior visión fotográfica.
A Polaroid Go Gen 2 está dispoñíbel por 89,99 € en catro cores, dous máis clásicos -negro e branco- e dous máis coloridos, vermello e azul. Os recambios de papel veñen en paquetes de 16 fotos, e están á venda por 19,99 €, aínda que se mercamos 5 recambios o prezo baixa á 18 €/unidade.
Máis info | Polaroid