Nestas semanas de verán temos previstos varios anuncios importantes. Ao Unpacked de Samsung, previsto para este mércores, e ao evento Pixel de Google, anunciado para o13 de agosto, súmase OnePlus. Este fabricante ten preparado o seu Evento de Verán para o próximo 16 de xullo, unha cita que celebrará en Milán e retransmitirá a través da súa canle de YouTube.
Nun comunicado, OnePlus anuncio que presentará catro novos dispositivos nese evento:
- OnePlus Nord 4: o primeiro smartphone metálico da era 5G.
- OnePlus Pad 2: a nova tablet de gama alta.
- OnePlus Nord Buds 3: uns auriculares asequíbeis.
- OnePlus Watch 2R: a nova edición do seu smartwatch, lixeiro e con WearOS.
O fabricante apunta que nos próximos días continuará a dar máis detalles sobre estes novos produtos, ao tempo que adianta unha colaboración en Europa coa marca de bolsos e maletas TUMI. Xunto a esta empresa, ofrecerá unha serie limitada de produtos, unindo ambas marcas, para as usuarias que adquiran de forma anticipada o OnePlus Nord 4.
Así, estas usuarias que adquiran durante a prevenda o OnePlus Nord 4 recibirán de regalo -até agotar existencias- o bolso Persia Crossbody. A través dun sorteo tamén poderán facerse con algunha das maletas 19 Degree Aluminion International, outro dos produtos referenciais de TUMI, valorado en 1159 €.