Amazon actualiza o Echo Spot, con oferta de lanzamento até o 17 de xullo

Queda pouco para os Amazon Prime Days, que este ano celebraranse os días 16 e 17 de xullo. Así que aproveitando este momento, Amazon decidiu actualizar o seu Echo Spot. O novo modelo mantén o seu deseño semiesférico, aínda que con cambios para facelo máis elegante. Ademais, emprega unha nova combinación de cores para adaptarse ás decoracións dos diferentes fogares nos que se poida empregar, aumentando as opcións de personalización.

Na parte máis técnica, o Amazon Echo Spot 2024 integra un procesador MediaTek MT8519, xunto con 1 GB de memoria RAM e unha memoria interna de 8 GB. Dispón dunha pantalla táctica de 2,83 polgadas e resolución 240 x 320 píxeles.

En canto á conectividade, dispón de WiFi de dobre banda (2.4 GHz e 5 GHz), sendo compatíbel coas redes 802.11a/b/g/n/ac, e Bluetooth. Completando a ficha técnica temos un altofalante de 44 mm, e un altofalante que poderemos activar e desactivar facilmente desde un botón físico.

Alexa é o asistente que leva incluído, ao que -igual ca no resto de dispositivos compatíbeis- lle podemos pedir que realice diferentes tarefas, responda preguntas ou nos axude a xestionar a domótica do noso fogar, co senfín de aparellos que son compatíbeis con ela.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Amazon Echo Spot 2024 está dispoñíbel en laranxa, violeta, maxenta, lima, verde azulado ou azul, que se poderá combinar coas cores das diferentes esferas de cor dispoñíbeis.

O seu prezo oficial é de 94,99 euros, se ben até o 17 de xullo poderemos adquirilo por 54,99 € se somos usuarias de Amazon Prime.

Máis info | Amazon

Sobre o autor

Reply