A pulseira de actividade Honor Band 9 xa está dispoñíbel con desconto de lanzamento

Honor vén de poñer á venda no noso país a Honor Band 9. Esta nova pulseira de actividade chega cun deseño moderno e funcións avanzadas para a monitorización do estado físico e de saúde. Está equipada cunha pantalla de 1,57 polgadas, e ofrece unha duración de até 14 días.

A Honor Band 9 destaca polo seu deseño, lixeiro e elegante. Resulta completamente simétrica e leva un deseño con bordes curvos. O seu peso é de tan só 16,3 gramos, e o grosor de 9,49 mm. A caixa está rematada en metal, á que se acopla unha correa de liberación rápida para poder quitarse facilmente.

Como é habitual neste tipo de dispositivos, ademais de ofrecer notificacións, achega información para mellorar a forma física e saúde das usuarias. A través de Fitness App (ferramenta propia de Honor), realiza avaliacións da idade corporal baseándose no consumo de oxíxeno das usuarias, proporcionando unha radiografía dos niveis de forma física. Con esta información e o seguemento do progreso, permite planificar e mellorar o benestar.

A pulseira é quen de adaptarse a 96 modos de adestramento, incluíndo tanto deportes de pista e campo até outros como o baile, actividades acuáticas ou xogos de pelota. Ademais ofrece unha completa monitorización da saúde durante todo o día, medindo a frecuencia cardíaca, a saturación de oxíxeno no sangue, a calidade do sono, os niveis de estrés ou os ciclos menstruais.

Na parte máis técnica temos unha pantalla AMOLED de 1,57 polgadas, que destaca polo seu brillo de 500 nits e frecuencia de actualización de 60 Hz. No interior, unha batería de 180 mAh achega até 14 días de autonomía, reducindo a necesidades de cargas frecuentes.

Dispoñibilidade e prezo

Aínda que existe en varias cores, polo de agora a nova Honor Band 9 está dispoñíbel en cor negro, e se pode mercar na tenda online de Honor. O seu habitual é de 59 €, pero como promoción de lanzamento ofértase cun 40% de desconto, polo que até o 31 de xullo pódese adquirir por 35,94 €.

Máis info | Honor

Sobre o autor

Reply