Algunhas das mellores ofertas en dispositivos polo Amazon Prime Day

Amazon celebra hoxe e mañá o seu sonado Amazon Prime Day, dous días de ofertas nas que as usuarias poden facerse con infinidade de produtos a prezos moito máis vantaxosos. Son moitas as persoas que aproveitan este día para actualizar os seus dispositivos, e non é para menos, xa que hai fabricantes que ofrecen descontos moi interesantes nos seus produtos, que poden chegar ao 50%.

A gran cantidade de ofertas dificulta facer un catálogo de todas as oportunidades para atopar produtos con descontos nestes dous días de rebaixas exclusivas para usuarias de Amazon Prime. Porén, a continuación elaboramos unha pequena lista cunha selección de dispositivos que nos pareceron interesantes.

Ofertas Xiaomi polo Amazon Prime Day

Xiaomi é un dos fabricantes que non quixo deixar pasar a oportunidade de facer descontos polo Amazon Prime Day en varios dos seus modelos de teléfonos e tablets.

O Xiaomi Poco M6 Pro, con pantalla AMOLED de 6,67 polgads e unha configuración de 8 + 256 GB está rebaixado a 189,99 €, fronte os 229,90 € habituais. E o Redmi Note 13 Pro 4G baixa 100 €, dos 399 € a 299,99 €. Este modelo destaca pola súa cámara de 200 MP e contar con 512 GB de almacenaxe interna.

Quen estea a buscar unha tablet, a Xiaomi Redmi Pad SE cun anel de soporte pódese adquirir cunha rebaixa de 50 €, que a deixa en 149,99 €.

Ofertas de Samsung polo Amazon Prime Day

Samsung ten varios modelos en oferta polo Amazon Prime Day, entre eles un dos seus últimos lanzamentos, o Galaxy S24+. Está dispoñíbel nun pack que inclúe un cargador de 45W por 999 €, é dicir, cun desconto de 280 €.

Quen non precise tanto pode optar polo Galaxy A54 5G con 256 GB de capacidade, que aparece cun desconto de 90 €, deixándoo en 299 €.

En canto ás tablets do fabricante surcoreano, a Galaxy Tab S9 FE de 256 GB con S Pen e cargador incluído custa 432 €, fronte os 517 € habituais.

Ofertas de Google polo Amazon Prime Day

O Amazon Prime Day tamén trae ofertas nos dispositivos de Google, que os deixan por baixo da rebaixa que xa teñen na tenda oficial de Google.

O Pixel 8 de 128 GB está dispoñíbel por 538,99 € (fronte os 599 € da tenda oficial e os 799 € fóra de ofertas), e o Pixel 8 Pro por 718,99 € (moi por baixo do seu prezo recomendado, de 1099 €, e dos 799 € nos que está na tenda de Google).

Tamén a Pixel Tablet, recén chegada ao noso país, está en oferta, por 369 € (custa habitualmente 499 €, aínda que Google tena rebaixada na súa tenda online a 399 €).

Ofertas realme polo Amazon Prime Day.

realme é outro dos fabricantes que está a aproveitar o Amazon Prime Day para ofrecer varios dos seus modelos en oferta.

Entre eles destacan o realme C67, que se pode adquirir por 138,99 € con 6 GB de RAM e 128 GB de memoria interna (fronte os 219,99 € habituais), ou un dos seus modelos de referencia, o realme GT 6 5G, que custa estes días 479,99 €, 120 € menos que os 599,99 € oficiais.

Ofertas de Lenovo e Motorola polo Amazon Prime Day

Lenovo tamén ten rebaixas en varios dispositivos Android, tanto na marca principal como a través da segunda marca, Motorola.

O Motorola g84, con 12 + 256 GB está rebaixado a 209 € (fronte os 299 € habituais), e o Motorola g14, un teléfono máis sinxelo con 8 + 256 GB, queda nos 129 € (custa 179 € sen promocións).

Unha das tablets básicas e máis vendidas de Lenovo, a Tab M11, rebáixase 40 €, quedando en 159 €. A Lenovo Tab P12, algo máis ambiciosa, queda nos 319 €, fronte os 399 € habituais.

Accesorios e complementos en oferta polo Amazon Prime Day

Máis aló dos propios dispositivos, como tablets ou smartphones, os dous días de Amazon Prime Day ofrecen unha chea de ofertas en accesorios e complementos, como cargadores, baterías portátiles, tarxetas de memoria ou discos duros, entre outros.

O asistente Echo Dot de Amazon con Alexa custa 29,99 € (desconto do 54%, desde os 64,99 €), e o Fire Stick fica nos 50,98 €, ao rebaixarse un 20%.

Non faltan nas ofertas as fritidoras de aire, como este modelo de Cecotec por 52,44 (rebaixada nun 48%), nin en diversos modelos de auriculares, incluíndo os AirPods de Apple, dispoñíbeis por 165 € (prezo habitual 209 €).

Amazon Prime Day

O Amazon Prime Day celébrase os días 16 e 17 de xullo deste 2024. Algunhas das ofertas mantéñense estábeis durante os dous días de promocións, e outras son ofertas flash cunha duración máis curta ou até esgotar as existencias.

Sobre o autor

Reply