Desde a compra de Vodafone por parte do fondo Zegona, a compañía vive un intenso vendaval de cambios. Recentemente sorprendeu facendo indefinidos os descontos para a clientela actual, e agora simplifica a súa oferta, facéndoa máis accesíbel e competitiva.
Novos plans de Vodafone
O portfolio de tarifas de contrato só móbil de Vodafone redúcese a catro plans, que se diferencian no volume de datos incluídos:
- 50 GB por 15 €/mes.
- 100 GB por 20 €/mes.
- 200 GB por 25 €/mes.
- Datos ilimitados por 30,10 €/mes.
Todos eles inclúen chamadas ilimitadas a fixos e móbiles, así como os SMS. Consumidos os datos incluídos, no plan de 50 GB limítase a velocidade a 128 kbps. Nas opcións de 100 e 200 GB, unha vez superada a franquía de datos incluídos, pódese navegar de forma ilimitada a 2 Mbps. O plan con datos ilimitados ofrece datos ilimitados e velocidade 5G.
Novas propostas de fibra e móbil
Quen busque unha proposta converxente de fibra e móbil atopará unha oferta moito máis simplificada e configurábel, de forma modular. A operadora ofrece dúas velocidades de conexión simétrica -600 Mbps e 1 Gbps- que se pode configurar con liñas móbiles con diferentes volumes de datos.
Fibra con teléfono fixo ilimitado | 600 Mbps | 600 Mbps | 1 Gbps | 1 Gbps |
Móbil con chamadas e SMS ilimitados | 1 liña | 2 liñas | 1 liña | 2 liñas |
25 GB | 35 € | 40 € | 45 € | 50 € |
50 GB | 40 € | 45 € | 50 € | 55 € |
100 GB (consumidos, ilimitada a 2 Mpbs) | 45 € | 50 € | 55 € | 60 € |
Como pode verse no cadro anterior, a proposta converxente de Vodafone parte dos 35 €/mes. No caso de querer televisión, pódense engadir paquetes adicionais sobre estes prezos, a partir de 5 €/mes.
As usuarias da compañía poden facer a súa oferta a medida, elixindo diferentes paquetes con canles liñais e o acceso a plataformas como Max, Disney+, Prime, Netflix, DAZN ou Filmin, con distintas opcións. O decodificador continúa estando incluído nas tarifas de fibra e móbil ilimitado, coas funcións de gravación, últimos 7 días e control de Vodafone TV coa voz.
- Vodafone TV Esencial (40 canles): 5€/mes
- Vodafone TV (70 canles) con Filmin: 5 €/mes.
- Vodafone TV (70 canles) con Netflix: 5,49 €/mes (desde).
- Vodafone TV (70 canles) con LaLiga Hypermotion: 6 €/mes.
- Vodafone TV (70 canles) con DAZN: 9,99 €/mes (desde).
- Vodafone TV (70 canles) con Max ou Disney+: 10 €/mes
- Vodafone TV (70 canles) con Max ou Disney+ e Prime: 14 €/mes
- Vodafone TV (70 canles) con Max, Disney+ e Prime: 21 €/mes.
Plans converxentes ilimitados
As persoas que buscan unha opción máis completa de conectividade, con tarifas ilimitadas, pode seguir considerando os tres plans ilimitados que xa existían.
- Vodafone One Ilimitada Max. Unha liña móbil ilimitada en chamadas e datos, Fibra 600 Mbps, Vodafone TV con 70 canles e Max ou Disney+ (a elixir) por 59 €/mes.
- Vodafone One Ilimitada Duo. Dúas liñas móbiles ilimitadas en chamadas e datos, Fibra 600 Mbps, Vodafone TV con 70 canles, Amazon Prime e Max ou Disney+ (a elixir) por 69,90 €/mes.
- Hogar Ilimitable. Dúas liñas móbiles ilimitadas en chamadas e datos, Fibra 1 Gbps, Vodafone TV con 100 canles, Amazon Prime, Max e Disney+ por 91,40 €/mes.
Dispoñibilidade dos novos plans de Vodafone
A meirande parte das novas propostas de Vodafone comentadas xa se poden contratar, se ben os plans converxentes de 1 Gbps estarán dispoñíbeis a partir do 22 de xullo.
Para facilitar a configuración dos plans, Vodafone habilitou na súa web unha ferramenta de contratación que permite construír a proposta comercial a medida das necesidades de cada usuaria. Pódese consultar nesta ligazón.