A operadora DIGI vén de comunicar a renovación do acordo de patrocinio co Real Club Deportivo da Coruña para as próximas dúas tempadas, é dicir, tanto para a 2024 – 2025 como para a 2025 – 2026.
Froito deste compromiso, o Dépor lucirá o logo de DIGI na manga da camiseta. Ademais, o acordo tamén se extende ao RC Deportivo Fabril e ás categorías base de fútbol masculino, cuxos equipos lucirán o logo da operadora na parte traseira da camisola, sobre o dorsal.
DIGI destaca o seu compromiso con Galiza, e nomeadamente coa Coruña, onde a operadora abriu a finais do ano pasado a súa propia tenda. A operadora conta tamén cunha delegación na provincia, na que emprega a máis de 160 persoas de forma directa.
En canto á cobertura, DIGI está a despregar a súa propia rede de fibra óptica en varias localidades da provincia, que comercializa como Fibra SMART, e coa que ofrece prezos de conexión por baixo dos 20 €. Tamén dispón de cobertura PRO-DIGI en zonas limitadas, con velocidades de até 10 Gbps, a máxima velocidade actual a nivel residencial.