Vodafone destinou á reutilización e reciclaxe máis de 1200 toneladas de dispositivos no último ano

Vodafone destinou á reutilización e reciclaxe 1.238 toneladas de dispositivos da súa clientela, alongado a súa vida útil, no exercicio finalizado en marzo de 2024. Deste modo, o 94% dos dispositivos reempregouse e outro 6% foi reciclado, asegurando a recuperación dos seus materiais de forma respetuosa para o medio ambiente.

Con respecto aos residuos de rede, Vodafone xa recicla o 100% dos seus equipos de telecomunicacións. Neste exercicio, o 99% foron reciclados, e o 1% reutilizados, acadando así que as 593 toneladas de equipos producidos non sexan depositados nun verquedoiro.

Co obxectivo de fomentar a economía circular, Vodafone forma parte de Asset Marketplace, unha solución de negocio para a economía circular, que facilita a venda e reutilización de equipos de rede, antenas, bastidores e outros repostos tecnolóxicos. Este ano, a compra de equipos neste Asset Marketplace permitiu a Vodafone evitar a emisión de 148 toneladas de CO2.

Máis de 100.000 terminais reparados

A operadora sinala que neste ano fiscal reparou máis de 100.000 terminais da súa clientela, incluíndo smartphones, tablets, smartwatches e outros dispositivos. A compañía lembra que as súas usuarias contan cun servizo de reparación en calquera das súas tendas ou no seu domicilio, e que poden solicitar sen custe un terminal de substitución durante os 5 días -aproximados- que dura o proceso de reparación.

Desde novembro de 2022 Vodafone conta cunha colaboración con WWF, co obxectivo de utilizar a tecnoloxía para abordar o impacto ambiental. Grazas a esta colaboración, recolléronse no conxunto do Estado máis de 35.000 terminais durante o ano fiscal, dos cales máis de 29.000 foron reacondicionados para a súa reutilización, mentres que o resto foron reciclados.

Sobre o autor

Reply