Xiaomi celebrou a finais da semana pasada o seu Discurso Anual, no que o CEO da compañía, Lei Jun, anunciou oficialmente a nova liña de de produtos Xiaomi MIX. Trátase de dous modelos de teléfonos encartábeis, o MIX Fold 4 (en formato libro) e o MIX Flip (en formato cuncha). Neles achegan as últimas novidades en canto a materiais,, deseño e batería da compañía.
Xiaomi MIX Fold 4
Co Xiaomi MIX Fold 4 conseguiu avances en deseño, para ofrecer un dispositivo máis lixeiro e fino (tan só 4,59 mm cando está aberto, un 34% menos). Tamén emprega materiais de alta resistencia, cun mecanismo de transmisión de aceiro resistente ao desgaste, e mellorando a fiabilidade da bisagra.
Está equipado cunha pantalla interior flexíbel fabricada por Samsung. Trátase do panel Samsung E7 LTPO de 7,98 polgadas, que conta cunha resolución de 2488 x 224 píxeles, A súa taxa de refresco é adaptativa (1 – 120 Hz) e tamén é compatíbel con HDR10+. Compleméntase cunha segunda pantalla externa de 6,56 polgadas, cuxa resolución é 2520 x 1080 píxeles e a taxa de refresco de 120 Hz.
A experiencia visual complétase co soporte á tecnoloxía Dolby Vision, que proporciona unha experiencia HDR extrema. Dolby Vision mellora o brillo e o contraste, aportando máis capas de cor e detalle, e facendo que a experiencia visual -especialmente con contidos cinematográficos- sexa superior.
No interior do dispositivo temos un procesador Qualcomm Snapdragon 7 Gen 3, acompañado dun sistema de arrefriado 3D mediante cámara de vapor. Combínase con 12 ou 16 GB de RAM, e 256 GB, 512 GB ou 1 TB de memoria interna.
Para a fotografía, Xiaomi apostou por un sistema de catro cámaras con lente óptica Leica. O sensor principal é de 50 MP con alto rango dinámico, que introduce por vez primeira nun produto encartábel de Xiaomi a tecnoloxía Dual Native ISO Fusion Max. Esta proprociona unha reprodución de cor máis precisa, e mellor retención de detalles en escenas de alto contraste. O lente ultra gran angular de 12 MP ofrece un campo de visión de 120º, mentres que o telefoto flotante Leica proporciona efectos de retrato e capacidades macro. Por último, o lente ultra telefoto de 114 mm cunha estrutura periscópica tamén soporta tomas de primeiro plano.
Para o procesado da imaxe, Xiaomi emprega a intelixencia artificial (IA), co obxectivo de soportar escenarios de imaxe completos, mellorando os resultados sen afastarse da realidade.
A súa batería é de 5.100 mAh de capacidade (260 mAh máis ca o seu predecesor), que ademais é compatíbel con carga rápida de 67W mediante cable, e carga de 50W sen fíos.
Máis aló da fotografía, Xiaomi anuncia múltiples funcións de IA, como o asistente de cofnerencia de IA ou a integración desta intelixencia en aplicacións de sistema, mellorando dunha forma integral a produtividade das usuarias e a conveniencia operativa.
Xiaomi MIX Flip
En canto ao modelo tipo cuncha, o Xiaomi MIX Flip, trátase dun dispositivo que ofrece unha pantalla externa All Around Liquid de 4 polgadas cun deseño de catro curvas. Xiaomi reestruturou o modo no que se interactúa con ela, para sacarlle máis partido sen necesidade de ter que abrir o trebello. Trátase dun panel con resolución 1.5K e taxa de refresco de 120 Hz, cun brillo máximo de 3.000 nits.
O panel interior, flexíbel, é de 6,86 polgadas, con resolución 2912 x 1224 píxeles (460 píxeles por polgadas). A súa taxa de refresco é variábel, de 1 a 120 Hz.
No seu interior temos un procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3, con sistema de arrefriado 3D e unha batería de 4.780 mAh, unha capacidade bastante máis elevada do que adoitan ter este tipo de modelos, que soporta carga rápida de 67 W mediante cable. Temos opcións de 12 ou 16 GB de RAM, e capacidades de memoria a elixir entre 256 GB, 512 GB ou 1 TB.
No campo fotográfico atopamos os lentes Summilux de Xiaomi x Leica. A cámara principal emprega o sensor de alto rango dinámico Light Fusion 800 (50 MP) , e tamén inclúe o único lente telefono flotante Leica de 47 mm (tamén de 50 MP) nun modelo encartábel. Na parte frontal temos unha cámara de 32 MP.
En canto á conectividade, destaca por ofrecer WiFi 7, ademais de soporte para redes móbiles 5G SA e NSA.
Dispoñibilidade e prezo do Xiami MIX Fold 4 e MIX Flip
Ambos os dous modelos, o Xiaomi MIX Fold 4 e Xiaomi MIX Flip, xa están dispoñíbeis para a compra no mercado chinés.
- O Xiaomi MIX Fold 4 chega en tres opcións de cor (branco e negro e azul) e tres configuracións de memoria: 12 + 256 GB, 16 + 512 GB ou 16 GB + 1 TB.
- Pola súa banda, o Xiaomi MIX Flip pódese adquirir en branco, negro e púrpura, noutras tres configuracións de memorias: 12 + 256 GB, 12 + 512 GB ou 16 GB + 1 TB.
Polo de agora o fabricante non avanza se estes modelos van chegar ao mercado europeo.