Vodafone continúa imparábel liderando o mercado de liñas IoT

Vodafone continúa a reafirmar o seu liderado no mercado español da Internet das Cousas (IoT), ao superar os 7,37 millóns de liñas activas a 30 de xuño de 2024. A operadora marca o camiño neste segmento de mercado que integra conectividade e servizos en sectores estratéxicos, acadando un crecemento do 27,7% con 1,6 millóns de novas liñas IoT activadas entre xullo de 2023 e xuño de 2024.

Esta tendencia acelerouse coas 805.941 novas liñas de IoT gañadas só no último semestre (xaneiro – xuño de 2024), como resultado dunha estratexia de diversificación de produtos e servizos IoT que a operadora puxo en marcha nos últimos anos.

Como xa temos comentado, na actualidade a compañía integra a tecnoloxía IoT en sectores diversos, como da seguridade e as alarmas conectadas; a banca a través dos medios de pago; os operadores loxísticos; as frotas conectadas; as enerxías renovábeis; a agricultura; a xestión de Smart Cities e Smart Villages; a xestión de residuos ou a xestión integral da auga, electricidade ou os servizos asistenciais, entre outros.

Sobre o autor

Reply