Finetwork mellora a súa fibra con velocidade de 1 Gbps desde 27,90 €

Finetwork vén de mellorar dúas das súas tarifas converxentes. Trátase dos plans con móbil de 150 GB e datos ilimitados, que pasan a ter velocidade de fibra de 1 Gbps. A operadora tamén incorpora un novo plan de só fibra con 1 Gbps de velocidade.

Máis velocidade polo mesmo prezo

As dúas novas propostas converxentes de Finetwork supoñen a actualización dos plans de 600 Mbps. Desde agora, estas tarifas ofrecen unha velocidade 400 Mbps superior, acadando 1 Gbps sen mudar o prezo. Tras este cambio, as dúas tarifas quedan do seguinte xeito:

  • Fibra 1 Gbps e móbil con ilimitadas e 150 GB de datos por 29,90 €/mes.
  • Fibra 1 Gbps e móbil con chamadas e datos ilimitados por 34,90 €/mes.

Estes dous plans súmanse ás outras dúas ofertas converxentes que ofrece Finetwork. Nun deles temos fibra 600 Mbps e móbil con ilimitadas e 10 GB por 18,90 €/mes. E no outro, fibra de 600 Mbps con móbil con ilimitadas e 55 GB por 25,90 €/mes.

Nova oferta de fibra 1 Gbps

A estes dous plans actualizados incorpórase unha nova tarifa de só fibra de 1 Gbps simétrico por 27,90 €/mes.

Quen non precise tanta velocidade ou queira aforrar un pouco, ten as opcións de só fibra con 600 Mbps por 22,90 €/mes ou 300 Mbps por 17,90 €/mes.

Características e condicións de Finetwork

Algunhas cuestións que hai que ter en conta sobre Finetwork é que o servizo de fibra non inclúe teléfono fixo, e que ten unha permanencia de tres meses.

En canto ao móbil, permite acumular os datos non consumidos, e compartilos con outras liñas de Finetwork. Tamén posibilita engadir liñas móbiles adicionais por unha cota desde 2,90 €/mes.

A cobertura que ofrece é a de Vodafone, con quen recentemente actualizou o contrato de servizos. Tras esta renovación, Finetwork ofrece servizo 5G.

Sobre o autor

Reply