Anunciada a chegada do moto G85 5G ao noso país

Motorola anunciou a finais da semana pasada a chegada do moto G85 5G ao noso país. Trátase dun dispositivo de gama media, que destaca pola súa pantalla de bordes curvados. Unha característica que o fabricante implementa por vez primeira nun modelo da serie g.

Dita pantalla é un panel pOLED de 6,7 polgadas, con resolución Full HD+ e taxa de refresco de 120 Hz. O seu brillo máximo é de 1.600 nits, e conta con protección Corning Gorilla Glass 5 de Corning.

No seu interior, o fabricante optou por un procesador Qualcomm, o Snapdragon 6s Gen 3. Compleméntase cunha única versión de memorias: 12 GB de RAM e 256 GB de capacidade de almacenaxe interna.

Para a cámara apostouse por un sistema de dobre sensor na parte posterior. O principal é de 50 MP, con estabilizador óptico de imaxe (OIS), e o secundario un ultra gran angular de 8 MP. A experiencia fotográfica complétase cunha cámara dianteira de 32 MP.

Como o seu propio nome indica, é un modelo con conectividade móbil 5G. Tamén ofrece NFC, altofalantes con Hi-Res Audio e unha autonomía que depende dunha batería de 5.000 mAh con carga de 30W.

Dispoñibilidade e prezo do moto G85 5G

O novo moto G85 5G está dispoñíbel en gris, verde e azul a través dos distribuidores habituais, así como tamén en motorola.es cun prezo de 349 €. Se o mercamos na web, recibiremos como agasallo adicional un cargador de 68 W.

Sobre o autor

Reply