Vodafone axusta os prezos de Hogar 5G na súa nova proposta comercial

Vodafone presentou a mediados deste mes de xullo a súa nova oferta comercial. Unha oferta que destaca pola simplificación das súas tarifas e polo axuste de prezos. A compañía ofrece plans combinados de fibra e móbil a partir de 35 €, que agora chegan tamén ás ofertas de Hogar 5G.

Hogar 5G é a solución de conectividade fixa baseada en móbil de Vodafone. Unha tarifa pensada tanto para aquelas persoas ás que non lles chega a fibra ou para quen quere unha conexión que poida mover a diferentes localizacións. Recentemente puidemos analizar este servizo de Hogar 5G, conseguindo uns resultados moi positivos.

O novo cambio de rumbo de Vodafone, con tarifas simplificadas, chega agora tamén os plans de Hogar 5G. A oferta comeza nos 35 €, incluíndo tanto o servizo de conexión fixo como unha liña móbil con 25 GB de datos. En total, ofértanse tres alternativas:

  • Conectividade ilimitada 5G con router 5G WiFi 6 + liña fixa ilimitada a fixos e móbil + liña móbil con chamadas ilimitadas e 25 GB por 35 €/mes.
  • Conectividade ilimitada 5G con router 5G WiFi 6 + liña fixa ilimitada a fixos e móbil + liña móbil con chamadas ilimitadas e 50GB por 40 €/mes.
  • Conectividade ilimitada 5G con router 5G WiFi 6 + liña fixa ilimitada a fixos e móbil + liña móbil con chamadas ilimitadas e 100GB por 45 €/mes. Neste caso, consumidos os 100 GB desfrutarase de navegación ilimitada a 2 Mbps. Tamén da posibilidade de conseguir gratuitamente un dispositivo valorado en até 189,99 €.

En todos os casos, a permanencia é dun ano na tarifa, cunha penalización decrecente de 200 € por baixa anticipada. Ademais, coas tres propostas é posíbel contratar unha segunda liña móbil. Esta terá as mesmas condicións ca a principal a cambio de 5 € adicionais.

Todas estas proposta son tamén compatíbeis cos paquetes de televisión e resto de servizos asociados. Tampouco invalidan a posibilidade de contratar un paquete Vodafone One con datos ilimitados.

Segundas residencias

Vodafone tamén aproveitou o verán para reforzar as súas solucións de conectividade para segundas residencias, tanto as baseadas en fibra como as de conectividade móbil. Deste modo, as usuarias de produtos converxentes poden optar por fibra de 300 Mbps por 20,80 €/mes. Supón un desconto de máis do 20% respecto ao plan máis económico de só fibra, e inclúe igualmente unha liña fixa con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles.

Para usos máis esporádicos, as usuarias de Vodafone teñen o plan Internet Residencias Flexíbel. Inclúe un router autoinstalábel cunha SIM de datos e un bono de datos ilimitados a máxima velocidade que se xestiona desde a app Mi Vodafone. Os bonos dispoñíbeis son de 2 días por 5 €, 7 días por 15 € ou 31 días por 35 €.

Sobre o autor

Reply