Os novos realme 13 Pro e 13 Pro+ miran á gama alta

realme, na súa estratexia de ofrecer dispositivos adaptados a diferentes necesidades, está a copar o mercado da gama media. Os últimas lanzamentos son os novos realme 13 Pro e realme 13 Pro+, dous modelos que miran cara a gama alta, mantendo a aposta por ofrecer unha gama de prezos contida.

Especificacións do realme 13 Pro e realme 13 Pro+

No seguinte cadro comparamos as principais características de ambos modelos, que practicamente son idénticos.

realme 13 Prorealme 13 Pro+
PantallaPanel AMOLED de 6,67″
Resolución de 2.712 x 1.220
Taxa de refresco120 Hz
Panel AMOLED de 6,67″
Resolución de 2.712 x 1.220
Taxa de refresco de 120 Hz
Dimensións e peso161,3 x 73,9 x 8,2 mm
190 gramos
161,3 x 73,9 x 8,2 mm
190 gramos
ProcesadorSnapdragon 7s Gen 2 5G
Adreno 710
Snapdragon 7s Gen 2 5G
Adreno 710
RAM8 / 12 GB8 / 12 GB
Memoria interna256 / 512 GB256 / 512 GB
Cámara frontal32 MP, f/2.532 MP, f/2.5
Cámara traseiraPrincipal: 50 MP, Sony LYT-600 f/1.88, OIS
Ultra gran angular: 8 MP, f/2.2
Principal: 50 MP, Sony LYT-701 f/1.88, OIS
Teleobxectivo periscópico: 50 MP de 3x, Sony LYT-600
Ultra gran angular: 8 MP, f/2.2
Batería5.200 mAh
Carga de 45 W
5.200 mAh
Carga de 45 W
Sistema operativoAndroid 14 + Realme UI 5.0Android 14 + Realme UI 5.0
Conectividade5G
WiFi 6
NFC
Bluetooth 5.3
5G
WiFi 6
NFC
Bluetooth 5.3
OutrosIP65
Corning Gorilla Glass 7i
Altofalantes estéreo.
IP65
Corning Gorilla Glass 7i
Altofalantes estéreo.
PrezoDesde uns 300 € ao cambioDesde uns 360 € ao cambio

Como pode verse, a principal diferenza entre eles atopámola na cámara principal, onde varía o sensor principal, malia ser ambos de 50 MP. No modelo Pro+ engádese ademais un teleobxectivo periscópico de 50 MP, inexistente na versión básica da serie.

Ambos os dous integran, a nivel software, as últimas innovacións de intelixencia artificial (IA) para a cámara, con HYPERIMAGE+. Trátase dunha arquitectura de fotografía de IA que permite mellorar a calidade visual das fotografías e o vídeo.

Tamén dispón de ferramentas como IA Ultra Clarity, para mellorar a a resolución e aumentar a claridade. Ou o modo AI Smart Removal, co que se poden eiliminar persoas ou obxectos extranos cun clic. Grazas a AI Group Phone Enhance, pódese tamén tomar unha foto de grupo coa cámara principal ou ultra gran angular, podendo ter detalles faciais nítidos, mesmo para aquelas persoas que estean situadas nos extremos.

Dispoñibilidade e prezo dos novos realme 13 Pro e Pro+

realme anunciou os seus novos realme 13 Pro e realme 13 Pro+ en sendos eventos en Boston e na India, cunha inspiración no artista Monet. De feito, as cores nos que estarán dispoñíbeis serán Monet Purple (violeta), Monet Gold (dourado) e Emerald Green (Verde).

Descoñecemos aínda cando van estar dispoñíbeis no noso país, e tamén a que prezo van poderse mercar. Para ter unha referencia, na India véndense nas seguintes configuracións polos seguintes prezos ao cambio:

  • realme 13 Pro 8 + 128 GB: uns 300 €.
  • realme 13 Pro 8 + 256 GB: uns 320 €.
  • realme 13 Pro 12 + 256 GB: uns 250 €.
  • realme 13 Pro+ 8 + 256 GB: uns 360 €
  • realme 13 Pro+ 12 + 126 GB: uns 390 €
  • realme 13 Pro+ 12 + 512 GB: uns 410 €

Sobre o autor

Reply