Segundo os datos da consultora independente Canalys, Xiaomi volve situarse -por segundo trimestre consecutivo, como o fabricante líder do mercado español de smartphones por volume de envíos (sell-in shipments). Supera así os datos de Samsung, que nos últimos anos veu sendo o fabricante líder do mercado estatal.
Máis aló deste fito, Xiaomi tamén consegue experimentar un crecemento do 10% respecto ao mesmo período do ano anterior, situándose nunha cota do mercado do 34%. Séguelle Samsung, cunha cota do 27% (e un crecemento do 8%), e Apple (cota do 11% e incremento do 4%).
Outro dato que destaca desta análise da consultora independente Canalys é o desplome de OPPO, que malia manterse nun 6% de cota experimenta un descenso do 37%. E no lado contrario temos o caso de Lenovo, que cos seus dispositivos conseguiu un crecemento anual do 447%, acadando o mesmo 6% que disfruta OPPO.