BeaconLink, a revolución na conectividade para eventos masivos

Nun mundo cada vez máis conectado, a capacidade de manter a comunicación en calquera lugar e momento semella crucial. Porén, eventos masivos como festivais de música, concertos ou eventos deportivos adoitan presentar un desafío significativo: a saturación das redes móbiles.

Se ben a implementación das redes 5G está a mellorar esta situación, aínda non estamos a desfrutar das súas capacidades ao 100%. E aí é onde a innovadora tecnoloxía BeaconLink de OPPO entra en xogo, prometendo cambiar a forma na que nos conectamos neses entornos saturados.

Que é BeaconLink e cando pode ser útil

BeaconLink é unha tecnoloxía pioneira desenvolvida por OPPO, deseñada especificamente para mellorar a conectividade en situacións onde as redes móbiles están saturadas ou son inaccesíbeis. Empregando Bluetooth, BeaconLink permite a comunicación de rede ad-hoc, mellorando a capacidade de conexión Bluetooth nun 300%.

Isto significa que os dispositivos equipados con BeaconLink poden realizar chamadas de voz de dispositivo a dispositivo, mesmo en escenarios sen cobertura móbil. OPPO afirma que esta conectividade mellorada permite comunicacións a unha distancia de até 200 metros, o que supón un avance significativo.

Máis aló dos escenarios clásicos de saturación das redes, como os grandes eventos que aglutinan moita xente, outro uso claro está nas situacións de emerxencias. Nestas, a capacidade de poder realizar chamadas sen depender da rede móbil é crucial, xa que asegura unha liña de comunicación dispoñíbel.

Dispositivos compatíbeis con BeaconLink

Actualmente, unicamente a serie OPPO Reno12 está equipada coa función BeaconLink. A compañía prevé seguir introducindo esta tecnoloxía nos próximos dispositivos, mais tamén hai que dicir que non tería moito sentido se queda nun uso restrinxido a un único fabricante.

O verdadeiro éxito desta tecnoloxía pasará por unha implementación masiva nos dispositivos e a súa estandarización, de maneira análoga ao Bluetooth que emprega.

Sobre o autor

Reply