OPPO participou novamente no SIGGRAPH, a principal conferencia anual sobre gráficos por ordenador e técnicas interactivas. Unha cita na que o fabricante presentou a súa investigación de vangarda en intelixencia artificial (IA), así como os seus últimos smartpahones con IA, o OPPO Reno 12 pro 5G e o OPPO Find X7 Ultra. Ambos os dous están equipados con capacidades de IA xenerativa.
O fabricante afirma ter investido importantes recursos en IA, acadando avances notábeis no modelado de imaxes 3D, renderizado de superresolución, trazado de raios e iluminación global. En colaboración con diversos socios -a nivel académico e global- OPPO está acelerando o desenvolvemento e a democratización de smartphones con IA.
OPPO no SIGGRAPH
OPPO apresentou no SIGGRAPH dous artigos en colaboración coa Universidade de Zhejiang, compartindo coas académicas os seus logros en IA móbil: Mob-FGSR e Portrait3D.
Mob-FGSR, desenvolvida conxuntamente por OPPO e a Universidade de Zhejiang, é unha tecnoloxía de superresolución de renderizado en tempo real para plataformas móbiles. Esta tecnoloxía está chamadaa establecer unha nova referencia no campo da superresolución móbil e a interpolación e extrapolación de fotogramas.
Na actualidade, OPPO acadou unha rápida xeración de fotogramas a 720 e 1080 píxeles, e un procesado de superresolución no procesador Snapdragon 8 Gen 3 de Qualcomm. O fabricante espera que a tecnoloxía Mob-FGSR revolucione a experiencia de xogo nos smartphones OPPO.
Outro resultado significativo da colaboración entre a industria e o mundo académico é Portrait3D. Esta tecnoloxía ten amplas aplicacións en realidade virtual, realidade aumentada, xogos para móbiles e redes sociais, permitindo aos usuarios crear avatares virtuais realistas e envolventes a partir de descricións de texto.
Innovación do laboratorio de hardware de OPPO
En SIGGRAPH 2024, OPPO tamén presentou dous innovadores traballos do seu laboratorio de hardware e do seu Centro de Intelixencia Artificial sobre seres humanos dixitais en 3D e reconstrución de renderizado 3D.
A tecnoloxía UltrAvatar pode xerar seres humanos virtuais 3D manexábeis con trazos realistas a partir dunha soa imaxe ou unha liña de texto. En canto ao renderizado 3D, a tecnoloxía Spacetime Gaussian Feature Splatting emprega gaussianos do espazo-tempo para unha fusión eficaz de características en varios fotogramas, permitindo un renderizado de alta fidelidade en tempo real a 8K 60FPS.
OPPO e o seu futuro na IA
Desde OPPO afírmase que seguirán a reforzar o seu compromiso coas colaboracións entre a industria, o mundo académico e a investigación, ampliando a súa rede para abarcar unha gama máis ampla de disciplinas e campos de investigación, co obxectivo de crear un ecosistema de innovación aberto e integrado.
Ademais, tamén aspira a seguir a incorporar as funcións de IA xenerativa en todas as súas liña de produto, chegando a uns 50 millóns teléfonos equipados con estas capacidades no prazo dun ano.