Google Pixel Watch 3: dobre tamaño e pantalla máis brillante

A nova serie Pixel 9, e os novos auriculares Pixel Buds Pro 2 non chegaron sós ao evento Made by Google. A nova xeración do reloxo intelixente de Google, o Pixel Watch 3, xa está aquí e chega con novidades destacadas, incluíndo a dispoñibilidade en dous tamaños e unha pantalla que duplica o brillo en comparación coa xeración anterior. Este dispositivo combina deseño, tecnoloxía avanzada e funcionalidade para ofrecer unha experiencia superior aos usuarios.

Dous tamaños para o Pixel Watch 3: 41 mm e 45 mm

Por primeira vez, o Pixel Watch 3 ofrécese en dous tamaños: 41 mm e 45 mm. O modelo de 45 mm presenta unha pantalla un 40% máis grande, ideal para aqueles que buscan unha maior visibilidade.

Ademais, o modelo de 41 mm destaca por ter marcos un 16% máis finos, o que fai que a súa pantalla sexa un 10% maior en comparación coa xeración anterior, o Pixel Watch 2.

Pantalla máis brillante: até os 2000 nits

Un dos puntos máis salientables do Pixel Watch 3 é a súa pantalla Actua con panel AMOLED LTPO de 320 ppp, que agora ofrece ata 2.000 nits de brillo máximo, o dobre que a xeración anterior.

Esta mellora fai que o reloxo sexa moito máis visible en exteriores, onde a luz do sol pode dificultar a visibilidade.

Especificacións técnicas do Google Pixel Watch 3

As pantallas dos novos Pixel Watch 3 son paneis AMOLED LTPO de 320 ppp, protexidos con Corning Gorilla Glass 5. Ofrecen un brillo máximo de 2.000 nits, e taxa de refresco de até 60 Hz.

No seu interior temos o procesador Qualcomm SW5100 con coprocesador Cortex M33. Xunto a el, 2 GB de memoria RAM e 32 GB de almacenaxe interna para aplicacións. A súa conectividade vén dada polo Bluetooth 5.3, WiFGi de 2,4 e de 5 GHz, existindo versións con conectividade móbil LTE.

No campo dos sensores temos monitorización de SpO2 e sensor de frecuencia cardíaca. Non faltan tampouco o acelerómetro, xiroscopio e o altímetro, así comos os sensores de ECG e de condutancia eléctrica cutánea (cEDA).

Funcións avanzadas e autonomía

O Pixel Watch 3 está deseñado para ofrecer unha experiencia completa, con funcións avanzadas para o seguimento da actividade deportiva e a monitorización da saúde. Ademais, coa súa batería optimizada (de 307 mAh na versión de 41 mm, e de 420 mAh na de 45 mm), o reloxo pode durar até 24 horas coa pantalla sempre activa ou ata 36 horas en modo de aforro de batería.

Este reloxo tamén integra tecnoloxías de última xeración, como o procesador Qualcomm SW5100, acompañado dun coprocesador Cortex M33, que garante un rendemento fluído e eficiente.

Prezo e dispoñibilidade do Google Pixel Watch 3

O Pixel Watch 3 estará dispoñible en varios cores e en dúas versións:

  • 41 mm: A partir de 399 euros para a versión WiFi e 499 euros para a versión LTE.
  • 45 mm: A partir de 449 euros para a versión WiFi e 549 euros para a versión LTE.

As reservas xa están abertas.

Sobre o autor

Reply