Vodafone segue fortalecendo a súa oferta no mercado co lanzamento de novos plans con datos ilimitados, completando así os axustes iniciados a mediados de xullo. Estas novidades buscan satisfacer a demanda das usuarias que buscan prezos máis competitivos, especialmente fronte a competidores como Digi, Finetwork ou Avatel.
Novos plans ilimitados desde 30 €
Os novos plans ilimitados de Vodafone, tanto para tarifas de só móbil como para combinados con fibra óptica, comezan a partir de 30 euros ao mes. Ademais, as liñas adicionais de móbil teñen un desconto do 50% respecto ao prezo da liña principal en todas as modalidades.
Vodafone redefine así a súa oferta de só móbil, que queda configurad en catro opcións:
- 50GB de datos e chamadas ilimitadas por 15 euros ao mes.
- 100GB de datos e chamadas ilimitadas por 20 euros ao mes, con navegación ilimitada a 2Mbps despois de consumir os 100GB.
- 200GB de datos e chamadas ilimitadas por 25 euros ao mes, tamén con navegación ilimitada a 2Mbps despois de consumir os 200GB.
- Datos móbiles ilimitados con máxima velocidade 5G e chamadas ilimitadas por 30 euros ao mes.
Máis flexibilidades nos plans converxentes de fibra e móbil
As novidades tamén chegan ao segmento converxente de Vodafone, que deixa de ofrecer os anteriores plans ilimitados, como One Max, Dúo, Hogar Ilimitable e Negocio Ilimitable.
As usuarias da compañía agora poden escoller entre varias combinacións de fibra e móbil que se adaptan mellor ás súas necesidades:
- 25GB, chamadas ilimitadas e fibra de 600Mbps por 35 euros ao mes cunha liña, ou 40 euros con dúas liñas.
- 50GB, chamadas ilimitadas e fibra de 600Mbps por 40 euros ao mes cunha liña, ou 45 euros con dúas liñas.
- 100GB, chamadas ilimitadas e fibra de 600Mbps por 45 euros ao mes cunha liña, ou 50 euros con dúas liñas. Unha vez consumidos os 100GB, a velocidade redúcese a 2Mbps pero segue sendo ilimitada.
- Datos ilimitados 5G, chamadas ilimitadas e fibra de 600 Mbps por 50 € o mes cunha liña, ou 55 € ao mes con dúas liñas. Ademais, esta tarifa ofrece a posibilidade de obter un smartphone ou dispositivo valorado en ata 249 euros sen custe adicional.
TV de pago
En canto ao servizo de televisión, pódese contratar en todas as modalidades por unha cota adicional, a escoller entre varias opcións:
- Pack esencial (70 canles) + Filmin por 5 €/mes.
- Pack esencial (70 canles) + Netflix por 5,49 €/mes.
- Pack esencial (70 canles) + Max por 10 €/mes.
- Pack esencial (70 canles) + Disney+ por 10 €/mes.
- Pack esencial (70 canles) + Disney+ Amazon Prime por 14 €/mes.
- Pack esencial (70 canles) + documentais por 8 €/mes.
- Pack TV (80 canles) + Disney + Max + Amazon Prime por 21 €/mes.
Nas tarifas converxentes con 100 GB ou datos ilimitados inclúese o decodificador de televisión con funcionalidades avanzadas sen custe. No resto de tarifas pode empregarse o servizo a través da aplicación de televisión de Vodafone ou alugar o decodificador por 3 €/mes.
Vodafone apunta ao segmento de baixo custe
Coa ampliación da súa oferta de plans ilimitados e prezos competitivos, Vodafone busca reforzar a súa posición no mercado, especialmente no segmento low cost. Estas melloras ofrecen unha maior flexibilidade e vantaxes adicionais, convertendo a Vodafone nunha opción atractiva para clientes residenciais e pequenos negocios que buscan plans personalizados e asequíbeis..