Comeza o curso con Internet Estudantes de R: fibra 1 Gbps por 29 €/mes

Aínda que nos custe recoñecelo, a fin do verán está a volta da esquina. E se es estudante, é moi probábel que esteas a buscar unha alternativa de conexión para o teu piso. Pensando nestas necesidades, a operadora galega R vén de lanzar un ano máis a súa tarifa de Internet para Estudantes. Un plan que combina unha conexión de alta velocidade a 1 Gbps cun custe accesíbel: 29 €/mes.

Fibra de 1 Gbps e instalación gratuíta

Con esta tarifa, ofrécese unha conexión de fibra óptica de 1 Gbps simétrico, o que significa que ten a mesma velocidade de subida que de baixada. Isto é ideal para videoconferencias, traballos en grupo en liña, descargar ou subir arquivos grandes e, por suposto, para o tempo de lecer: xogos en liña, streaming en alta calidade e moito máis.

Ademais, R elimina os custes asociados, o que inclúe tanto á instalación do servizo como o router, que son gratis. A permanencia mínima é de 9 meses, adaptada ao calendario académico, e permitindo suspender o servizo durante tres meses, pensando no verán.

Como contratar Internet Estudantes R

O plan de Internet Estudantes de R pódese contratar directamente desde a web da operadora, e tamén a través da rede de tendas e distribuidoras da compañía.

Máis info | Internet Estudantes R

Sobre o autor

Reply