Outubro promete: lanzamento dos novos buques insignia de Xiaomi, OPPO e Vivo

O mes de outubro será un período clave no mundo da tecnoloxía móbil, xa que se espera o lanzamento de seis novos buques insignia de tres dos principais fabricantes: Xiaomi, OPPO e Vivo. Estes lanzamentos incluirán teléfonos equipados cos últimos procesadores de MediaTek e Qualcomm, o que os convertirá en referentes -cando menos durante un tempo- no mercado dos smartphones.

Procesadores MediaTek Dimensity 9400 e Qualcomm Snapdragon 8 Gen 4

Segundo as últimas filtracións, OPPO e Vivo serán os primeiros en presentar os seus novos dispositivos en outubro. O OPPO Find X8, o OPPO Find X8 Pro, o Vivo X200 e o Vivo X200 Pro estarán impulsados polo procesador MediaTek Dimensity 9400, que promete un rendemento superior e eficiencia mellorada en comparación cos seus predecesores.

Curiosamente, os modelos máis avanzados destas marcas, o OPPO Find X8 Ultra e o Vivo X200 Ultra, non figuran nesta lista de lanzamentos iniciais. É probable que estes dispositivos cheguen máis tarde, equipados co procesador Snapdragon 8 Gen 4 de Qualcomm, seguindo a liña dos seus antecesores.

Por outro lado, Xiaomi tamén se prepara destacar no mercado en outubro coa súa nova serie 15. Espérase que os Xiaomi 15 e Xiaomi 15 Pro sexan os primeiros smartphones en utilizar o chip Snapdragon 8 Gen 4, que tamén se lanzará en outubro. Este procesador é dos máis esperados por ofrecer melloras significativas en rendemento e eficiencia enerxética.

O ano pasado, Xiaomi presentou os modelos Xiaomi 14 e Xiaomi 14 Pro o 1 de novembro, pero todo indica que os seus sucesores chegarán un pouco antes este ano. O Xiaomi 15 Ultra, con todo, probablemente se lanzará nunha data posterior, mantendo a estratexia de lanzamento escalonado da compañía.

Outras novidades para este final de ano

Este segunda metade do ano está a ser moi interesante, no que a dispositivos de refire. Google xa anunciou hai uns días os seus novos modelos, a serie Pixel 9. E eventos como a feira IFA, que comeza nuns días, e a presentación da serie iPhone 16 en setembro manteranos pendentes das últimas novidades até finais de ano.

Sobre o autor

No Responses

Reply