Lowi vitamina as súas tarifas móbiles e converxentes con máis datos e prezos axustados

Lowi está a preparar o regreso das vacacións cunha oferta de tarifas actualizadas. Unhas novidades que chegan tanto ás propostas de só móbil como ás modalidades converxentes con Fibra Fit. Cómpre sinalar que este servizo, Fibra Fit, é unha opción máis económica que Lowi ofrece desde o pasado maio nos lugares onde conta con pegada de fibra propia.

Novos plans converxentes con Fibra Fit de Lowi

Os máis de 10,6 millóns de fogares de todo o Estado que teñen fibra propia de Lowi (Vodafone) poden beneficiarse dos sete novos plan converxentes fibra e móbil, que se sitúan entre os 20 e os 30 €. Estas ofertas varían dependendo da velocidade da fibra e da franquía de datos elixidos:

  • Fibra Fit 300Mb + Móbil 25GB e chamadas ilimitadas por 20€/mes.
  • Fibra Fit 300Mb + Móbil 40GBe chamadas ilimitadas por 23€/mes.
  • Fibra Fit 600Mb + Móbil 25GB e chamadas ilimitadas por 23€/mes.
  • Fibra Fit 600Mb + Móbil 40GB e chamadas ilimitadas por 26€/mes.
  • Fibra Fit 600Mb + Móbil 125GB e chamadas ilimitadas por 28€/mes.
  • Fibra Fit 1Gb + Móbil 40GB e chamadas ilimitadas por 28€/mes.
  • Fibra Fit 1Gb + Móbil 125GB e chamadas ilimitadas por 30€/mes.

Ademais, as usuarias da operadora poden contratar segundas liñas a partir dos catro euros mensuais.

Novos plans móbiles de Lowi

Lowi aproveitou os cambios nas súas tarifas para renovar os seus plans móbiles, que quedan definidos do seguinte xeito:

  • Móbil 25 GB + ilimitadas por 8 €/mes.
  • Móbil 40 GB + ilimitadas por 10 €/mes.
  • Móbil 125 GB + ilimitadas por 15 €/mes.
  • Móbil 250 GB + ilimitadas por 20 €/mes.

Todos estes prezos son definitivos, e están dispoñíbeis tanto para a nova clientela como para as usuarias actuais da compañía que soliciten ao cambio.

Ademais, todos os plans manteñen a posibilidade de acumular os datos non consumidos para o mes seguinte, a conectividade 5G, a tecnoloxía de voz sobre 4G/5G, compartir datos ou o programa de fidelización LOSDELOWI.

Sobre o autor

Reply