A feira IFA 2024 está a piques de abrir as súas portas en Berlín, un evento imprescindíbel para todas as entusiastas da tecnoloxía e das solucións para o fogar intelixente. E dentro deste contexto, Dreame, unha das marcas máis innovadoras no sector de dispositivos de limpeza, presentará o seu novo Dreame L40 Ultra. Este robot aspirador promete elevar a experiencia de limpeza a un novo nivel, combinando tecnoloxía de vangarda cunha potencia de succión mellorada.
Os robots de limpeza veñen converténdose en aliados para manter a casa limpa sen grandes esforzos, optimizando as tarefas domésticas e deixando máis tempo libre para outras actividades. Ademais, os robots aspiradores como o Dreame L40 Ultra incorporan tecnoloxías avanzadas que non só garanten unha limpeza efectiva, senón tamén unha experiencia de uso intuitiva e cómoda.
O Dreame L40 Ultra a fondo
O novo Dreame L40 Ultra está deseñado para ofrecer unha limpeza en profundidade grazas á súa tecnoloxía MopExtend RoboSwing e unha potencia de succión de 11.000 Pa, unha das máis potentes do mercado. Esta combinación permite ao dispositivo acadar as zonas máis difíciles, como esquinas e bordes, cunha precisión excepcional. A tecnoloxía MopExtend é capaz de detectar automaticamente estas áreas mediante sensores precisos, o que lle permite despregar as mopas e limpar até 4 cm máis alá do habitual, garantindo que non quede ningunha superficie sen tratar.
O Dreame L40 Ultra destaca, como avanzamos, pola súa impresionante potencia de succión que elimina eficazmente po, residuos e pelo de mascotas nunha soa pasada. A súa tecnoloxía de detección de suciedade -respaldada por unha cámara RGB con intelixencia artificial- permite que o robot identifique o nivel de suciedade no chan e axuste automaticamente o seu rendemento. Esta función asegura unha limpeza precisa e efectiva, adaptándose ás necesidades de cada espazo.
Para evitar os enredos de pelo no cepillo (unha das maiores molestias deste tipo de dispositivos de limpeza), Dreame ofrece o cepillo antienredos TriCut, que corta automaticamente o pelo e o introduce no contedor de po, facilitando así as tarefas de mantemento.
Base “7 en 1” para maior autonomía e conectividade avanzada
Outro dos aspectos nos que destaca o Dreame L40 Ultra é a súa base multifunción “7 en 1”, que automatiza gran parte das tarefas de mantemento do dispositivo. Despois de cada ciclo de limpeza, o robot volve á súa base onde as mopas son lavadas con auga quente a 65°C e secadas con aire quente para evitar malos olores. Esta base tamén realiza a autolimpeza da súa superficie de lavado, evitando a acumulación de restos e mellorando a eficacia da limpeza.
Ademais, a base conta cunha bolsa de po de 3,2 litros, o que lle permite operar ata 75 días sen necesidade de intervención manual. A tecnoloxía de Dreame tamén facilita a conexión directa ao subministro de auga e ao desaugue, eliminando a necesidade de manipular recipientes para auga limpa ou sucia.
Para maior comodidade, o Dreame L40 Ultra pode controlarse mediante comandos de voz ou asistentes virtuais como Alexa, Siri e Google Home, permitindo ás usuarias personalizar a súa experiencia de limpeza de acordo coas súas necesidades e preferencias.
Dispoñibilidade e prezo do Dreame L40 Ultra
O Dreame L40 Ultra será presentado oficialmente na IFA 2024 e estará dispoñíbel para a compra a partir do 6 de setembro por un prezo de 1199 €. Ademais, entre o 6 e o 22 de setembro, poderase adquirir cunha oferta Early Birds con 100€ de desconto, fixando o prezo final en 1099 €.
Estará dispoñíbel a través da páxina web de Dreame e en tendas habituais como Amazon, El Corte Inglés e Media Markt.