Adamo revoluciona as súas tarifas con fibra e móbil a prezo reducido

Adamo, unha das operadoras que ten máis popularidade en entornos rurais onde ás veces é a única alternativa con fibra propia, acaba de presentar un novo conxunto de tarifas para remexer o mercado. Co nome de “Caaalma“, o novo portfolio de plans da operadora busca que a súa clientela desfrute dun prezo axustado, e sen sorpresas desagradábeis.

Novas tarifas Caaalma de Adamo

Adamo lanza tres novas tarifas baixo a marca “Caaalma”, adaptándose ás distintas necesidades das usuarias. A máis económica, por só 19 euros ao mes, ofrece unha conexión de fibra de 400 Mbps en zona Smart e unha liña móbil con 15 GB de datos. Ademais, inclúe chamadas ilimitadas e a opción de engadir liñas adicionais desde só 6 euros ao mes. No caso de querer engadir televisión, por 3 euros ao mes pódense engadir máis de 100 caneles, e por 12 €/mes disponse de AdamoTV Total, con máis de 120 canles e acceso a LaLiga Hypermotion.

Para quen precisa datos móbiles, a tarifa Caaalma 50 GB é a mellor opción, ofrecendo os mesmos beneficios que na oferta base, pero con 50 GB de datos. O seu prezo é de 24 euros ao mes.

Finalmente, a tarifa Caaalma Total ofrece unha conexión de fibra de 1 Gbps e WiFi Total (Wifi 6 con amplificador) e tarifa móbil ilimitada en chamadas e datos por 39 €/mes. As liñas adicionais ilimitadas teñen neste plan un coste de 5 €/mes, e igualmente, pódese engadir servizo de televisión.

Cobertura e servizos de Adamo en Galiza

Adamo conta cunha extensa cobertura de fibra óptica en zonas rurais de Galiza, especialmente nas provincias de Lugo e Ourense, onde outras operadoras non chegan. Por iso a compañçia tense convertido nunha opción especialmente atractiva para as persoas que viven fóra dos núcleos que xa contan con servizo de fibra.

En canto aos servizos móbiles, Adamo aluga a cobertura de rede ao grupo MASORANGE, que nos últimos anos mellorou notabelmente a súa implantación pola aposta deste grupo por potenciar a marca R no noso país.

Sobre o autor

Reply