O OnePlus Open Apex Edition chega ao noso país cunha destacada oferta de lanzamento

OnePlus vén de anunciar a chegada ao noso país do seu smartphone máis exclusivo. Falamos do OnePlus Open Apex Edition, unha edición de coleccionista do seu modelo encartábel OnePlus Open.

Malia que o seu prezo en Europa será de 1.999 €, fronte os 1849 € da súa versión estándar, coa venta anticipada pode mercarse por 1.799 €. Deste xeito, non só poderemos facernos coa versión especial a un prezo menor ca versión base, senón que ademais nos beneficiaremos dunha capacidade de almacenaxe dobre: 1 TB desta desta edición especial fronte os 512 GB do OnePlus Open estándar.

A venta anticipada, dispoñíbel até o 3 de setembro (data na que se pon á venda oficialmente), permite acceder a este dispositivo cun desconto directo de 200 €, ademais dun regalo a elixir entre un smartwatch OnePlus Watch 2 (valorado en 329 €) ou uns auriculares OnePlus Pro 3 (valorados en 199 €). A partir do 3 de setembro, manterase o desconto de 200 €, mais só se poderá elixir como agasallo os auriculares, e desde o 3 de outubro, as usuarias poderán beneficiarse dun cupón de 100 € por canxear outro dispositivo.

Unidades limitadas do OnePlus Open Apex Edition

OnePlus destaca a existencia dun número “moi limitado” de unidades en Europa deste modelo exclusivo, que ademais de contar con 1 TB de capacidade, tamén inclúe un “Modo VIP“, que mellora a privacidade ao desactivar o micrófono e a cámara. Este modo tmaén restrinxe o seguimento de aplicacións, activado polo Alert Slider.

En canto ao resto de características, o OnePlus One Apex Edition inclúe unha pantalla principal encartábel Flexi-fluid AMOLED de 7,82 polgadas, con taxa de refresco adaptativa entre 1 e 120 Hz e un brillo de 1.400 nits. A pantalla externa é un panel AMOLED de 6,31 polgadsa, con resolución 2483 x 115 píxeles (2K).

No interior temos o procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 2, xunto con 16 GB de RAM e 1 TB de memoria. A súa batería é de 4805, con carga rápida SUPERVOOC de 67W.

O sistema operativo é OxygenOS 13.2, baseado en Android 13, e a triple cámara traseira está presidida por un sensor principal de 48 MP. Completan a lista de características máis destacadas a súa conectividade 5G e WiFI 7, así como o sistema de altofalantes Dolby, entre outras.

Máis info | OnePlus

Sobre o autor

Reply